miniatura|240px|Nucifraga multipunctata en Paquistán Nucifraga multipunctata é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das tres integradas no xénero Nucifraga, Nucifraga multipunctata Gould, 1849 no GBIF. Consutado o 3 de decembro de 2021.Nucifraga multipunctata Gould, 1849 no ITIS. Consutado o 3 de decembro de 2021. coñecida popularmente na bibliografía internacional como crebanoces do Himalaia, xa que habita no Himalaia e zonas próximas.

As outras dúas especies do xénero son Nucifraga caryocatactes, distribuída por Eurasia, e Nucifraga columbiana, propia do oeste de América do Norte.

Antigamente considerouse como unha subespecie de Nucifraga caryocatactes (Nucifraga caryocatactes multipunctata).

Taxonomía Sinónimo Como quedou dito, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo: Nucifraga caryocatactes multipunctata (Linnaeus, 1758)

Distribución É unha especie endémica do Himalaia occidental e os seus contrafortes.Rasmussen, P. C. & J. C. Anderton (2005): Birds of South Asia. The Ripley guide. Volume 2: attributes and status. Lynx Edicions. Barcelona. ISBN 978-84-9655-385-9.

Historia taxonómica e características Nucifraga multipunctata está estreitamente relacionada con Nucifraga caryocatactes, da que só se separou recentemente. Algunhas autoridades aínda tratan estas formas como conespecíficas.

As dúas especies son similares en aparencia, aínda que N. multipunctata distínguese de N. caryocatactes por un aspecto xeral máis abrancazado, xunto cunha coroa amorurada, contrastante, nas ás e na base da cola. Tamén ten manchas brancas na base da cola, que é relativamente máis delgada e máis longa.

É unha especie monotípica.Kashmir Nutcracker. Nucifraga multipunctata en birdsoftheworld.org . Consutada o 3 de decembro de 2021.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de "vulnerábel" segundo o criterio do tamaño do rango (extensión de presenza <20 000 km<small>2</small>), e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo este criterio. Por todo isto, a UICN avalía o status desta especie como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2017): Nucifraga multipunctata na Lista vermella da UICN. Versión 2912-2. Consutada o 3 de decembro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep; David Christie & Andrew Elliott, eds. (2009): Handbook of the Birds of the World. Volume 14. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-350-7, p. 611. Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List. Version 9.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 3 de decembro de 2021. Madge, S. (2009): "Spotted Nutcracker (Nucifraga caryocatactes). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E., eds. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Mayr, Ernst & Greenway, James C. Jr, eds. (1962): Check-list of birds of the world. Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology, p. 256.

Outros artigos Córvidos Nucifraga

Categoría:Córvidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1849