Andrea Saccocci, nado en Monte San Savino, Arezzo, en 1953, é un numismático italiano.
Traxectoria Entre 1982 e 1992, Andrea Saccocci ocupou o posto de conservador do Museo Cívico Bottacin, de Padua."CV Andrea Saccocci". Università degli Studi di Udine.
A partir de 1992 comezou a exercer a docencia de Numismática na Università degli Studi di Udine, en Padua, desde 2002 como profesor titular."Il ripostiglio monetale di Serravalle (secoli XIV-XV)". En Archivo Storico Cenedese. Decembro de 2017."Sette giorni di tweet con Andrea Saccocci". Corriere della Sera.
Entre outras entidades asociativas, Saccocci é membro da Sociedade Numismática Italiana e desde 2001 forma parte do seu consello directivo. Nesta entidade, desde 2006 codirixe a súa publicación periódica, Rivista Italiana di Numismatica."Comitato Scientifico ". No espazo da Revista na web da SNI. En abril de 1997 foi elixido membro correspondente da American Numismatic Society, de Nova York, institución na que participou como conferenciante.
O seu centro de interese como investigador é a moeda italiana medieval e moderna, sinaladamente á cuñada nas cecas do norte de Italia entre os séculos VIII e XVI. Desde 1999 veu colaborando no proxecto Medieval European Coinage, da Universidade de Cambridge, e froito desta colaboración é a súa redacción do volume XII da serie, correspondente ás emisións do norte de Italia.Véxase (2016) en "Publicacións".
Recoñecementos
(2007): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.
Publicacións Esta é unha escolma da produción bibliográfica de Andrea Saccocci ao longo da súa carreira:"Saccocci, Andrea". WorldCat Identities."Saccocci, Andrea 1953- ". Digital Library Numis."Saccocci, Andrea (1953-)". Persee.fr"Andrea Saccocci". Academia.edu
Monografías
(2005). Contributi di storia monetaria delle regioni adriatiche settentrionali (secoli X-XV). Taschenbuch. ISBN 9788886413831 (2016). Medieval European Coinage. Vol. 12: Italy. I: Northen Italy (con W. R. Day e M. Matzke). Cambridge University Press. ISBN 978-0521260213
Escolma de artigos
(2003). "Wage payments in Italy before the introduction of the 'moneta grossa', 11th-12th centuries". En Revue Belge de Numismatique, 149. Páxinas 151-164. (2005). "Tra est ed ovest. Circolazione monetaria nelle regioni alpine fra VIII e XI secolo". En Revue numismatique. 161. Páxinas 103-121. (2010). "Tra antichità e medioevo: aspetti giuridici ed economici della monetazione longobarda ". En Pace, V. L'VIII secolo: un secolo inquieto. Comune di Cividale del Friuli. Páxinas 31-42 (2012). "Struttura dei rinvenimenti monetali in Italia Centro-settentrionale nel periodo della grande svalutazione del denario (sec. X-XIV)". En Asolati, M.; Gorini, G. I ritrovamenti monetali e i processi storico-economici nel mondo antico. Esedra, Padua. Páxinas 95-111. (2015). "Collezione di Vittorio Emanuele III. La monetazione di Verona ". En Bollettino di Numismatica, 29. Maio. Istituto poligrafico e Zecca dello Stato, Roma. ISSN: 0392-971X
Notas
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados na provincia de Arezzo Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Profesores da Universidade de Udine Categoría:Personalidades sen imaxes