Sara Vila Alonso, nada nas Neves o 4 de outubro de 1989, é unha xornalista e escritora galega.
Traxectoria Licenciouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como xornalista en Pontevedra dende 2012, no Diario de Pontevedra e despois pasou a traballar en Edicións Xerais de Galicia.
Na súa primeira novela, Oito días sen Eva Cortes (2021), a desaparición dunha rapaza en Pontevella (trasunto de Pontevedra) sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais.
Obra Oito días sen Eva Cortes (2021). Vigo: Galaxia. 191 páxs. ISBN 978-84-9151-765-8. O incendio (2024). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-514-9. ePub: ISBN 978-84-1110-523-1. Premios 2016: Primeiro premio no Certame de Relatos Curtos Os Viadutos de Redondela polo relato Adeus, María. 2019: Segundo premio Comunicar en Igualdade polo artigo O noso toque de queda. 2021: Premio de narrativa Illa Nova por Oito días sen Eva Cortes. 2023: Premio Blanco Amor de Narrativa por O incendio.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados nas Neves Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela