Justo Novo Verdes, coñecido como O Novo, nado en Conforto (A Pontenova) cara a 1910 e finado en Lugo o 15 de xullo de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Labrego de Conforto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi incorporado ao Rexemento de Infantaría de Montaña nº 30 e cando estaba a ser adestrado en Lugo para reforzar as columnas galegas que combatían en Asturias, desertou en maio de 1937 e ocultouse en Conforto. Integrouse no grupo de fuxidos da zona comandado por Generoso Rico Rodríguez. Asestaron varios golpes en San Paio e Saldoiriña e o 29 de setembro de 1939 asaltaron varios veciños que regresaban da feira da Garganta en Vilanova de Ozcos preto de Coto de Frades.
Atribuíuselles a execución do cura da Veiga de Logares o 12 de agosto de 1939 e a de Hermenegildo Bienvenido Alonso Sastre, o mestre de Sanxés, o 28 de decembro dese ano. Reclamado polo Xulgado Eventual Militar de Xixón xunto con Francisco Torviso Arruñada e Francisco Calvín López encartados na causa 50/1940,BOP Oviedo, 6-3-1940, p. 4. presentouse ás autoridades o 4 de marzo de 1940 logo de que a súa nai, a súa irmá e a súa muller, Josefa Braña Bermúdez, fosen encarceradas ou deportadas. Ingresou na prisión de Lugo o 6 de marzo. A súa implicación nestes feitos non puido probarse.As primeiras partidas Trasladado a Xixón o 1 de abril. Volveu ser trasladado á Prisión de Lugo o 21 de maio de 1941. Finou na enfermería da prisión de Lugo o 15 de xullo de 1942. Foi xulgado en Xixón pola causa 81/41 o 13 de outubro de 1942 co resultado de sobresemento definitivo.
Vida persoal
Casou con Josefa Braña Bermúdez e tivo dous fillos. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas As primeiras partidas Ficha en Represión Franquista en Lugo Expediente procesual de Justo Novo Verdes
Expediente procesual de Justo Novo Verdes
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1910
Categoría:Finados en 1942