O ZhenotdelUnha abreviatura silábica para "departamento de mulleres" (). (Женотдел), a sección feminina do Secretariado do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), foi a área do partido centrada nas cuestións relativas ás mulleres na década de 1920. Deulles ás mulleres novas oportunidades para o progreso na Revolución Rusa até que foi disolto en 1930.

Historia O Zhenotdel foi fundado en 1919 por dúas revolucionarias feministas, Alexandra Kollontai e Inessa Armand. O seu obxectivo era mellorar as condicións de vida das mulleres na Unión Soviética. Centrouse en combater o analfabetismo, educar as mulleres sobre o novo modelo de matrimonio, o ensino e as leis sobre o traballo aprobadas polo Partido Comunista da Unión Soviética. Na Asia Central soviética, o Zhenotdel tamén traballou para mellorar a vida das mulleres musulmás mediante a alfabetización e a educación en xeral, así como a través de campañas para fomentar o abandono do veo.

O Zhenotdel meteu presión para legalizar o aborto en Rusia, co que se converteu no primeiro país no mundo en facelo, en novembro de 1920. Foi a primeira vez na historia mundial en que as mulleres conseguiran o dereito ao aborto gratuíto na sanidade pública.

As dirixentes do Zhenotdel, comunistas convencidas, formaban parte do aparato estatal soviético. Segundo a historiadora Elizabeth Wood, a organización interesouse de maneira moi activa nos problemas das mulleres, e dende o inicio actuou como unha canle entre o pobo e o estado.

O Zhenotdel foi disolto en 1930, seguindo a teoría (entón maioritaria no seu seo) de que as cuestións das mulleres na URSS xa foran "solucionadas" mediante a abolición da propiedade privada e a nacionalización dos medios de produción.

Dirixentes O Zhenotdel tivo cinco dirixentes durante os seus 11 anos de existencia:

1919−1920: Inessa Armand 1920−1921: Alexandra Kollontai 1922−1924: Sofía Smidovic 1924−1925: Klavdiya Nikolayeva 1925−1930: Aleksandra Artyukhina

Notas

Véxase tamén Bibliografía Clement, B. E. (1992). The Utopianism of the Zhenotdel. Slavic Review, 51(3), pp. 485-496. doi:10.2307/2500056. Cox, J. (2019). The Women's Revolution: Russia 1905–1917. Chicago, IL: Haymarket Books. Hayden, C. (1976). The Zhenotdel and the Bolshevik Party. Russian History, 3(2), pp.150-173. Massell, G. J. (1974). The Surrogate Proletariat: Moslem Women and Revolutionary Strategies in Soviet Central Asia, 1919-1929. Princeton, NJ: Princeton University Press. Ruthchild, R. G. (2010). Equality and Revolution: Women's Rights in the Russian Empire, 1905-1917. Pittsburgh, PA: University of Pittsburgh Press. ———. (2010) Women's Suffrage and Revolution in the Russian Empire, 1905-1917. En Offen, K. (Ed.). Globalizing Feminisms, 1789-1945. Nova York, NY: Routledge. pp. 257-274. Stites, R. (1976). Zhenotdel: Bolshevism and Russian Women, 1917-1930. Russian History, 3(2), pp. 174-193. Stites, R. (1978). The Women's Liberation Movement in Russia: Feminism, Nihilism, and Bolshevism, 1860-1930. Princeton, NJ: Princeton University Press. Wood, E. (1997). The Baba and the Comrade Gender and Politics in Revolutionary Russia. Bloomington, IN: Indiana University Press.

Ligazóns externas Earty Bolshevik Work Among Women of the Soviet East (describe o traballo das activistas do Zhenotdel)

Categoría:Estrutura do Partido Comunista da Unión Soviética