María Escudero Escribano, nada o 3 de xuño de 1983 en Cáceres, é unha química española e directora do Grupo de Nanoelectroquímica da Universidade de Copenhague. A súa investigación inclúe o deseño de materiais para a catálise, pilas de combustible e química sostible.

Traxectoria O pai de María Escudero Escribano é enxeñeiro técnico industrial especializado en química. Estudou Enxeñaría Química na Universidade de Estremadura. Trasladouse a Madrid para comezar o seu doutoramento, que obtivo na Universidade Autónoma de Madrid en 2011. Escudero Escribano traballou con Ángel Cuesta Císcar nas reaccións electroquímicas que teñen lugar no interior das pilas de combustible. Durante o seu doutoramento, Escudero Escribano foi bolseira na Residencia de Estudantes e realizou estadías como científica visitante no Laboratorio Nacional de Argonne e na Universidade de Ulm.

A Real Sociedade Española de Química seleccionou a tese de doutoramento de Escudero Escribano como a mellor tese da Comunidade de Madrid na convocatoria 2011-2012. Despois de doutorarse, uniuse á Universidade Técnica de Dinamarca como investigadora posdoutoral. Alí comezou a traballar en novos electrocatalizadores baseados en aliaxe de platino e lantánidos para a reacción de redución de osíxeno en pilas de combustible, e os resultados deste traballo foron publicados en 2016 en Science.

Investigación e carreira científica En 2017, Escudero Escribano foi nomeada equivalente en España de Profesora Asistente Doutora na Universidade de Copenhague, onde dirixe o Grupo de Nanoelectroquímica. A súa investigación céntrase en novos materiais para reaccións electroquímicas, que estuda mediante espectroscopia óptica in situ e microscopia. María Escudero está interesada en utilizar estes materiais para aplicacións químicas sostibles, como para a xeración de hidróxeno a partir da descomposición da auga.

En 2019, anunciouse que a Fundación Nacional de Investigación de Dinamarca apoiará a Escudero Escribano para establecer un centro de catálise de aliaxes de alta entropía na Universidade de Copenhague. O centro terá como obxectivo contribuír á descarbonización e crear unha industria química máis sostible. A industria química mundial é responsable de case 10% das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Recoñecementos En 2019 recibiu o Premio Clara Immerwahr.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de Copenhague Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Químicos de España Categoría:Nados en 1983