miniatura|Concilio de Trento no século XVI. Un concilio ecuménico é unha reunión dos bispos de toda a Igrexa para decidir sobre asuntos doutrinais.
Os ortodoxos aceptan os primeiros sete, algúns teólogos ortodoxos tamén o 8º e o 9º, as igrexas ortodoxas orientais os tres primeiros, os católicos 21, algunhas confesións protestantes, como os luteranos ou os metodistas aceptan os primeiros sete con reservas, e os anglicanos tamén os primeiros sete, aínda que o 7º xera controversias no seu seoClaude Beaufort Moss The Church of England and the Seventh Council. Faith Press, 1957.
Ao longo de toda a historia, os concilios ecuménicos teñen xogado un papel moi importante na fixación da doutrina eclesiástica.
Lista dos concilios ecuménicos Primeiros sete concilios 1. Primeiro Concilio de Nicea (325). Rexéitase o arianismo. 2. Primeiro Concilio de Constantinopla (381). Revísase o "Credo de Nicea" e establécese que só poderá ser modificado nun concilio ecuménico. 3. Concilio de Éfeso (431). Rexéitase o nestorianismo e proclámase a Virxe María como a nai de Deus. 4. Concilio de Calcedonia (451). Rexéitase o monofisismo, co que se declara que as dúas naturezas de Cristo non se mesturaron. 5. Segundo Concilio de Constantinopla (553). Condénanse novas manifestacións das herexías xa rexeitadas. 6. Terceiro Concilio de Constantinopla (680 - 681). Declárase que Cristo tiña desexos tanto de índole humana como divina. 7. Segundo Concilio de Nicea (787). Permítese de novo a adoración de iconas.
Concilios 8 e 9 Para os católicos 8. Cuarto Concilio de Constantinopla (869-870). Deponse o patriarca de Constantinopla. 9. Primeiro Concilio de Letrán (1123). Decidiuse sobre o asunto da división de poderes entre Igrexa e Imperio.
Para algúns ortodoxos 8. Cuarto Concilio de Constantinopla (879 - 880). Vólvese a darlle a súa posición ao patriarca de Constantinopla que fora deposto no Cuarto Concilio de Constantinopla dos católicos. 9. Quinto Concilio de Constantinopla (1341 - 1351)
Concilios católicos 10 ao 21
10. Segundo Concilio de Letrán (1139). Prohíbense os matrimonios dos clérigos; establécese a excomuñón como pena para os ataques ós clérigos. 11. Terceiro Concilio de Letrán (1179). Limítase a elección dos papas ós cardeais, condénase a simonía e prohíbese que alguén con menos de trinta anos sexa bispo. 12. Cuarto Concilio de Letrán (1215). Trátase o tema da transubstanciación e a primacía do papa. Ordénase que os xudeus e musulmáns leven roupas especiais para seren distinguidos. 13. Primeiro Concilio de Lión (1245). Establécese a mitra vermella para os cardeais e chámase á guerra na Terra Santa. 14. Segundo Concilio de Lión (1274). Inténtase reunificar a igrexa, apróbanse as ordes franciscana e dominica e establécese o sistema de conclave. 15. Concilio de Viena (1311 - 1312), tómanse medidas contra a Orde do Temple. 16. Concilio de Constanza (1414 - 1418). Despois do errado Concilio de Pisa (ó que non se lle dá número porque non o convocou un papa), resolveu a crise do Cisma de Occidente. 17. Concilio de Basilea (1431 - 1445). Inténtase de novo reconciliarse coa Igrexa Ortodoxa. 18. Quinto Concilio de Letrán (1512 - 1517). Intento de reforma da Igrexa. 19. Concilio de Trento (1545 - 1563). Iníciase a Contrarreforma: establécese o rito da misa e reacciónase contra o protestantismo. 20. Concilio Vaticano Primeiro (1870). Establécese o dogma da infalibilidade do papa. 21. Concilio Vaticano Segundo (1962 - 1965). Renóvase a doutrina para aproximala ós tempos modernos (entre outros, permítese o uso das linguas propias de cada lugar na liturxia).
Notas
Categoría:Concilios ecuménicos