O Exército de Liberación Nacional (ELN) é un grupo armado revolucionario e de esquerdas implicado no conflito colombiano,Council Decision of 21 December 2005. Official Journal of the European Union. Consultado o 6 de xullo de 2006 o cal existiu en Colombia dende 1964. O ELN defende unha ideoloxía comunista composta de marxismo-leninismo e teoloxía da liberación. En 2013, estimouse que as forzas do ELN estaban formadas por entre 1 380 e 3 000 guerrilleiros. Segundo o ex-membro da dirección nacional do ELN, Felipe Torres, unha quinta parte dos partidarios do ELN tomaron as armas. O ELN foi clasificado como organización terrorista polos gobernos de Colombia, dos Estados Unidos, do Canadá, da Unión Europea e a Asemblea Nacional de Venezuela.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Conflito armado en Colombia Ligazóns externas Perfil do ELN en BBC news
Categoría:Grupos guerrilleiros de Colombia