José González Suárez, máis coñecido como Pita, nado en Ourense o 7 de xaneiro de 1927 e finado o 21 de outubro de 1971, foi un futbolista galego que xogaba de gardameta. Debutou con só 15 anos na Orensana, club no que militou durante sete tempadas, e máis tarde xogou na Primeira División nas filas do Deportivo da Coruña, o Zaragoza e o Oviedo. Foi un dos primeiros porteiros goleadores da historia do fútbol español, sendo autor de cinco goles coa Orensana na tempada 1944/45.

Traxectoria En 1942, con só 15 anos, converteuse no gardameta da Orensana, club que se acababa de crear pola fusión doutros dous equipos ourensáns. Xogou a primeira tempada na Serie A, ascendendo á Terceira División ese mesmo ano. Na primeira xornada da tempada 1944/45 marcou o seu primeiro gol, transformando un penalti nun partido contra o Betanzos no campo de Loña. Esa mesma tempada marcou, tamén de penalti, contra o Santiago (tanto na ida como na volta), contra o Turista e contra o Galicia de Ferrol, acabando como o terceiro máximo goleador do equipo, a pesar de xogar como porteiro. Xogou na Orensana ata 1949, logrando no seu último ano o ascenso á Segunda División.

Fichou a continuación polo Deportivo da Coruña, onde foi durante tres anos suplente de Xoán Acuña. Debutou na Primeira División o 23 de outubro de 1949, nun partido contra o Valencia en Mestalla, substituíndo no descanso a Acuña, lesionado na clavícula. Esa mesma tempada foi subcampión de liga, ao rematar o Deportivo a un só punto do campión, o Atlético de Madrid. Xogou un total de 24 partidos oficiais co Deportivo, a maioría deles na súa terceira tempada na Coruña.

Para a tempada 1952/53 saíu cedido ao Zaragoza, a cambio do regreso de Tino ao club coruñés. No club aragonés foi o gardameta titular por diante de Higinio e Ruiz, disputando 25 partidos, e compartindo vestiario co verinés Avelino Chaves. En agosto de 1953 fichou polo Oviedo, onde militou durante tres campañas, sen dispoñer de moitos partidos, ao ser o porteiro titular Argila.

A continuación xogou dúas tempadas no Rayo Vallecano e outra no Terrassa, todas elas na Segunda División.

Familia Era curmán do tamén gardameta Antonio Suárez, que, igual que Pita, defendeu tamén a portería da Orensana, así como a do CD Ourense.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos da Copa Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesOrensana1942/43Serie A?? - - - -??1943/44Terceira16020 - -1801944/45Terceira145-- - -1451945/46Terceira120-- - -1201946/47Terceira170-- - -1701947/48Terceira13010 - -1401948/49Terceira0 10 - -10Total club7254000765Deportivo da Coruña1949/50Primeira5000 - -501950/51Primeira2020 - -401951/52Primeira14010 - -150Total club2103000240Zaragoza1952/53Primeira2500020270Oviedo1953/54Primeira5000 - -501954/55Segunda4000 - -401955/56Segunda6000 - -60Total club1500000150Rayo Vallecano1956/57Segunda26000 - -2601957/58Segunda1000 - -10Total club2700000270Terrassa1958/59Segunda12000 - -120Total carreira 172+ 5 702 0 181+0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Orensana Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Terrassa FC