María de los Ángeles Rozalén Ortuño, nada en Albacete o 12 de xuño de 1986, coñecida artisticamente como Rozalén, é unha cantautora e compositora española. Editou catro álbums, titulados Con derecho a..., Quién me ha visto…, Cuando el río suena... e El árbol y el bosque. En 2021 foi recoñecida co Premio Nacional das Músicas Actuais.

Traxectoria Naceu en Albacete o 12 de xuño de 1986. Criouse en Letur, poboación da serra de Segura, vila da súa nai, aínda que por parte do seu pai, que foi cura de Letur, pertencen á vila de Balazote. Dende pequena María Rozalén cantaba as cancións que lle ensinaban a súa nai e a súa avoa, recitaba poesías e recibía as súas primeiras clases de baile. Dende os 7 anos formou parte da rondalla do barrio de Fátima de Albacete, á que pertenceu durante 9 anos como guitarrista e bandurra, dando así os seus primeiros pasos na música. O seu primeiro contacto diante dos micrófonos foi dentro das corais do Colexio Santo Ángel de la Guarda e da parroquia de Fátima de Albacete. De feito, a cantante comezou a cantar en público despois de que a animase o cura do seu barrio.

Empezou a compor cancións con 14 anos e deu o seu primeiro concerto como cantautora con 16 no festival “Operación Bocadillo” de Albacete. Desde ese momento non deixou de compor e actuar. Acompañada normalmente polo gran percusionista e amigo Tete Moragón, e en 2021 polo guitarrista Samuel Vidal, o baixista Jorge Rodríguez e "El Cometilla" ao caixón, actúa en numerosas localidades de toda España.

Actuou en varias ocasións en escenarios como o Teatro Romea e o Auditorio Víctor Villegas de Murcia ou o Teatro Circo de Albacete.

Estudou Psicoloxía na Universidade de Murcia e ten un mestrado en Musicoterapia. Ademais ten experiencia en musicoterapia con párkinson e grupos de colectivos en risco de exclusión social. En todos os seus concertos está acompañada por Beatriz Romero (técnica especialista en interpretación da lingua de signos e guía interpretación de persoas xordocegas), creando un espectáculo que está a ter grande éxito en todos os lugares nos que se representa, cunha mestura de persoas oíntes e xordas nun concerto preparado para ser entendido noutros países con connotacións específicas da lingua de signos de cada país. Desta maneira, a súa música diríxese a todo o mundo sen exclusións. Un exemplo deste gran traballo pódese ver reflectido no videoclip do seu tema 80 veces.

Algunhas das ONG e asociacións coas que colaborou son Plan Internacional, Asociación Española Contra o Cancro ou Fundación Vicente Ferrer e a ILP para salvar o Mar Menor. miniatura|Rozalén nos Premios Goya 2019

2013: Primeiro disco e comezo do éxito En 2012, Rozalén estabelécese no barrio madrileño de Lavapiés. Unha vez alí apuntouse a un mestrado de Musicoterapia e coñeceu o produtor Ismael Guijarro. Rozalén presentoulle 30 das súas composicións a Ismael e este propúxolle gravar un disco. Grazas á axuda do produtor e a un préstamo bancario, Rozalén fichou pola multinacional discográfica Sony Music e entrou a formar parte da principal axencia de representación española RLM (da que forman parte artistas como Malú, Alejandro Sanz, Miguel Bosé ou Raphael) e en 2013 publicaría Con derecho a... o seu primeiro álbum de estudio.

O tema 80 veces convértese no primeiro sinxelo do álbum. Para este tema grava un orixinal videoclip xunto a Beatriz Romero que arrasará en YouTube ao superar o millón de visitas días despois da súa publicación. O segundo sinxelo do álbum foi Comiéndote a besos, un tema dedicado ás persoas seropositivas que logrou superar o irresistíbel éxito de 80 veces.

En setembro de 2013 dá comezo a xira que promove o seu primeiro álbum. Rozalén cultiva un grande éxito esgotando as entradas en case todos os seus concertos polos principais teatros e salas de España. Este éxito leva a compositora a cruzar o Atlántico e levar a súa música a países como a Arxentina ou o Uruguai. A finais de ano foi galardoada nos Premios Dial como unha das artistas españolas do ano.

En decembro de 2014 Rozalén obtén o seu primeiro disco de ouro tras superar as 20.000 copias vendidas co seu álbum debut Con derecho a.... Ademais, ese mesmo mes obtivo o premio Los Números 1 de Cadena 100, galardón que outorga esta cadea de radio aos artistas españois coas mellores cancións do ano.

2015: Primeira BSO e segundo disco A principios de 2015 Rozalén foi escollida para dar voz á banda sonora de Perdiendo el Norte, unha película de Nacho G. Velilla. Para iso, a cantautora compuxo o tema Berlín, o cal está incluído no seu segundo disco.

O 29 de xuño de 2015 publícase Vuelves, o primeiro sinxelo de Quién me ha visto..., segundo álbum de estudio de Rozalén. O segundo sinxelo, titulado Ahora, publicouse o 4 de setembro. Unha semana despois saíu á venda o álbum, que rapidamente alcanzou o número 1 nas listas de vendas. Será mejor, o terceiro sinxelo do álbum publicouse o 26 de febreiro de 2016.

2017: Cuando el río suena En 2017 lanza o seu terceiro álbum de estudio Cuando el río suena... do que se desprenden varios éxitos, entre os que destaca o icónico tema La Puerta Violeta... que se converteu nun himno da loita contra a violencia de xénero en España e varios países de América Latina.

O seu lanzamento levou a cabo o 15 de setembro de 2017, conseguindo na primeira semana no posto número 1 de todas as plataformas dixitais e conseguindo tamén o primeiro posto en vendas en España. Este é un álbum moi persoal, como comenta a propia artista, xa que conta historias da súa propia vida e a da súa familia.

O álbum componse de 11 cancións que son o resultado da súa viaxe interior realizado nos dous anos transcorridos desde a publicación do seu disco anterior “Quién me ha visto…”. A Gira Cuando El Río Suena levou a albaceteña a presentar o seu disco por todo o mundo desde finais de 2017 até finais de 2019]].

Discografía

Álbums de estudio ÁlbumDetallesCertificaciónVendasCon derecho a... Lanzamento: 12 de marzo de 2013 Discográfica: Ariola Records Formato: CD e Descarga dixital1x Disco de Platino15x15px40 000Quién me ha visto... Lanzamento: 11 de setembro de 2015 Discográfica: Ariola Records Formato: CD e Descarga dixital1x Disco de Ouro15x15px20 000Cuando el río suena... Lanzamento: 15 de setembro de 2017 Discográfica: Ariola Records Formato: CD e Descarga dixital1x Disco de Platino15x15px40 000El árbol y el bosque Lanzamento: 30 de outubro de 2020 Discográfica: Sony Music Formato: CD, Descarga dixital e Vinilo1x Disco de Ouro15x15px20 000

Álbums recompilatorios

Cerrando puntos suspensivos (2018)

Bandas sonoras e outros sinxelos en colaboración

80 veces (2013) Comiéndote a besos (2013) Saltan chispas (2014) Berlín (2015) Vuelves (2015) Ahora (2015) Será mejor (2016) Girasoles (2017) La puerta violeta (2017) Antes de verte (2018) Aves enjauladas (2020) Este tren (2020) Que no, que no (2020) Y busqué (2020) El paso del tiempo (2021)

Mi querida España (con Kiko Veneno) (2015) (BSO Perdiendo el Norte) "Asuntos pendientes" (con Abel Pintos) (2016) "Vivir" (con Estopa) (2017) "Y, ¿si fuera ella?" (con Alejandro Sanz) (2017) "Estoy contigo" (con La Oreja de Van Gogh) (2017) "Mirando al cielo" (con Huecco) (2018) "¿A quién le importa?" (2018) "Mi caballito de mar" (con Fran Perea) (2018) "Danza de gardenias" (con Natalia Lafourcade) (2018) "La Salida" (con Marcela Morelo) (2019) "A la orilla de la chimenea" en Tributo a Sabina (con Joan Manuel Serrat) (2019) "Horizontes de Niebla" (con Omara Portuondo) (2020) "No es tarde" (con Paco Álvarez) (2020) "Honrar la vida" (con Sole Gimenez) (2021)

Premios e nomeamentos Rozalén gañou unha gran cantidade de premios e obtivo varios nomeamentos durante a súa traxectoria musical. No seu haber acumula distincións tan importantes como dous Discos de Ouro, o recoñecemento a Álbum do ano 2015 por Apple Music ou a Placa ao Mérito Rexional da Comunidade de Castela-A Mancha.

2005: Semifinalista do CreaJoven (Murcia).

2007: Gañadora do primeiro certame de música xove de La Gineta (Albacete).

2007: Segundo premio do CreaJoven (Murcia).

2008: Gañadora do CreaJoven (Murcia).

2009: Escollida para formar parte da Bienal Europea e de países do Mediterráneo con centos de creadores novos en Skopje (Macedonia).

2009: Segundo premio do concurso BudTropic contra a discriminación do VIH (Murcia).

2010: Gañadora do certame de Novos Artistas de Castela-A Mancha en "outros estilos musicais".

2011-2012: Seleccionada para participar no Encontro Internacional de Cantautores This Is Me en Lituania.

2014: Gañadora do Premio Los Números 1 de Cadena 100.

2014: Gañadora do Premio Dial de Cadena Dial.

2018: Nomeamento ao Grammy Latino nas categorías de Mellor Álbum do Ano e Canción do Ano por "La puerta violeta". 2019: Premio Serondaya das Artes 2019 á Innovación Cultural 2019, na categoría de Artes, xunto a Beatriz Romero. 2020: Premio "¡Bravo! de Música 2020. 2021: Goya á mellor canción orixinal por "Que no, que no", da película "La boda de Rosa" de Iciar Bollaín. Premio compartido coa Sonora Santanera. 2021: Premio Nacional das Músicas Actuais 2021 outorgado anualmente polo Ministerio de Cultura e Deporte.

Colaboracións Ao longo da súa carreira, Rozalén colaborou con numerosos artistas como:

Carlos Sadness (Una luz en la ciudad), para a serie Mercado Central emitida en TVE. Ciudad Jara proxecto musical de Pablo Sánchez Pardines, coa canción (Las Nanas De Jara) Co dúo Fetén Fetén formado por Diego Galaz e Jorge Arribas (Ni Tú Ni Yo, dentro do disco Cantables) ToteKing (Gente Tóxica, do disco Lebron) El Kanka (Me arrepiento, do disco Quién me ha visto y quién me ve) (Volar, do disco El día de la suerte de Juan Gómez), Rayden e Nach (Tres otoños, do disco En alma y hueso) Funambulista (Eres aire, do disco Dual) Marwan (Las cosas que no pude responder, do disco Las cosas que no pude responder), Luis Ramiro, Nacho González, Luis Eduardo Aute (Belleza, do disco Quién me ha visto y quién me ve), Celtas Cortos (Hora de aventuras, do disco Contratiempos), Pedro Guerra (Sirva de Precedente, con Paco Cifuentes, do disco 14 de Ciento Volando de 14), Juan Perro, Quique González, Miguel Bosé, Víctor Manuel (Luna, no concerto 50 años no son nada), Juanito Valderrama (Más de 80 veces), Fredi Leis (Un sábado más) (Estrellas fugaces) Antílopez (Musa en paro busca poeta, do disco Desprendimiento de rutina) La Pulquería, Malú (Ni un segundo, no concerto de Madrid TourCaos) Vanesa Martín (Noches de boda) Bebe (Siempre me quedará, no concerto de Circo Price en Madrid) (Buscome, no concerto de La Sala La Riviera) Abel Pintos (Asuntos pendientes, do disco de Quién me ha visto y quién me ve) Las Migas (La noche) Kevin Johansen (Desde que te perdí) (Antes de verte) Rayden (Tres otoños, do disco En alma y hueso) Pedro Pastor (Prometí volver, do disco de La vida plena), Mr. Kilombo (Sinmigo) Muerdo (Lejos de la ciudad, do disco Viento sur) Estopa (Vivir) Ismael Serrano (Si se callase el ruido, do disco 20 Años - Hoy Es Siempre) Shinova (Volver) Amaia (Al cantar) Alfre Camarote (Brujas) Boikot (Alma Guerrera) Mon Laferte (Amiga) Reincidentes (¡Ay Dolores!) Omara Portuondo (Horizontes de Niebla)

Ademais disto, a cantante tamén realizou diversos traballos cos poetas David Sarrión e Ricardo Pérez.

Libro

Cerrando puntos suspensivos (2018). Madrid: Aguilar. ISBN 978-8403518612

Notas

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Albacete Categoría:Cantantes de España Categoría:Cantautores