Wurrumiyanga, anteriormente coñecida como Nguiu, é unha vila e comunidade tiwi que se atopa na costa do sur da illa Bathurst, no Territorio do Norte de Australia. A súa poboación era de 1 563 habitantes segundo o censo australiano de 2016.

Historia Nguiu foi fundada en 1911 como misión católica por Francis Xavier Gsell.F.X. Gsell, The Bishop with 150 Wives (Angus and Robertson, Sydney, 1956), ch. 3. A oficina de correos de Nguiu abriu o 3 de xuño de 1974, sendo a primeira da illa Bathurst. En 2010 Nguiu foi renomeada como Wurrumiyanga polo Consello da Terra Tiwi. Significa o lugar onde medran as cícadas.

Demografía En Wurrumiyanga, segundo o Censo de 2016 de Australia, o 90,2% da poboación era de orixe aborixe australiana e o 78,3% falaba a lingua tiwi.

Educación Hai dúas escolas católicas na vila, a Escola de Primaria Católica Murrupurtiyanuwu e a Escola Católica Xavier (de 7 a 13 anos).

Cultura Wurrumiyanga é o fogar de Tiwi Designs, unha sociedade artística (que inclúe máis de 100 artistas indíxenas) que produce roupa, esculturas, cerámica e pinturas cuxo obxectivo é o de promover, preservar e enriquecer a cultura tiwi.

Notas

Categoría:Cidades de Australia Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata