Narciso Horacio Doval Vázquez, nado en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1944 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1991, foi un futbolista arxentino-brasileiro de orixe galega. Triunfou nos dous principais equipos do Río de Xaneiro, os rivais Flamengo e Fluminense, sendo admirado por ambas afeccións. Anteriormente defendera as camisolas doutros dous rivais no seu país natal, San Lorenzo e Huracán. Foi descrito como o "arxentino máis carioca que existiu" e, acabou por nacionalizarse brasileiro.

Está considerado como un dos mellores estranxeiros que pasaron polo fútbol brasileiro.Ídolos, sí, señor! (xuño de 2005). Placar n. 1283-A. Editora Abril, pp. 36-37 En 2001, dez anos despois da súa morte, foi elixido na terceira posición nunha enquisa da revista Placar para elixir o mellor estranxeiro do Campionato Brasileiro, sendo só superado por Elías Figueroa e Pedro Rocha. Con 31 goles, é o cuarto máximo goleador estranxeiro do torneo, só por detrás de Víctor Aristizábal, Rodolfo Fischer e Dejan Petković,Gringol (outubro de 2003). Placar n. 1263. Editora Abril, p. 81 e é o estranxeiro que máis goles marcou para o Flamengo (95).

Faleceu prematuramente dun infarto aos 47 anos, mentres celebraba unha vitoria do Flamengo. Era irmán do tamén futbolista Jorge Doval, que xogou no Platense e en varios equipos do fútbol español, entre eles o Mallorca e o Elche.

Traxectoria

San Lorenzo dereita|miniatura|250x250px| Os Carasucias, célebre liña ofensiva do San Lorenzo nos anos 60, lembrados pola súa mocidade e irreverencia. De esquerda a dereita: Doval, Fernando Areán, Héctor Veira, Victorio Casa e Roberto Telch. Naceu e criouse no barrio porteño de Palermo, sendo fillo dun galego dono dun restaurante. Pronto quedou orfo, despois de que seu pai morrese dun infarto e súa nai de cancro. Un día, mentres xogaba no barrio como porteiro por mor dunha lesión no pé, e aínda así regateaba aos xogadores contrarios, foi observado polo vicepresidente do San Lorenzo de Almagro, que o fichou para a canteira do club. Despois de dous anos nas categorías inferiores subiu ao primeiro equipo. Debutou en novembro de 1962, nunha derrota por 1-4 ante o River Plate, actuando no ataque xunto a un mito do club, José Sanfilippo. Ao ano seguinte só xogou tres partidos e non se estableceu na formación titular ata 1964.

Comezou a gañar fama durante a disputa da Copa Jorge Newbery, da que San Lorenzo se proclamu campión. Durante ese torneo Doval comezou a ser aculmado El Loco, e a dianteira formada por el, Fernando Nano Areán, Héctor Bambino Veira, Victorio Manco Casa e Roberto Oveja Telch, foi coñecida como Os Carasucias. No campionato arxentino, Ciclón conseguiu un razoable cuarto posto.

Doval foi considerado un dos mellores dianteiros arxentinos en 1967, chegando ese ano á selección arxentina. Porén, nunha viaxe co club (outras fontes afirman que foi coa selección nacional), foi acusado de acosar a unha azafata xunto con algúns compañeiros. Ao baixar do avión foi detido polo comandante. Algunhas fontes afirman que era inocente, pero que asumiu a culpa para protexer ao verdadeiro culpable, un compañeiro casado, que sería Rafael Albrecht. O incidente valeulle unha suspensión de dez meses.

A súa suspensión, a finais de 1967, desagradou a parte do público arxentino, que o tiña por ídolo, e durante un tempo houbo pancartas pedindo o seu regreso. Non puido xogar o Metropolitano de 1968, no que Os Carasucias pasaron a ser coñecidos como Os Matadores por lograr unha fazaña sen precedentes no país: proclamáronse campións de xeito invicto.

Ese ano volveu a tempo para disputar cinco partidos no torneo Nacional, onde marcou catro goles. En 1969, participou só na Copa Arxentina e nalgúns partidos do Metropolitano antes de abandonar o club.

A continuación fichou polo Flamengo, animado polo adestrador brasileiro Tim, que dirixira o San Lorenzo no título de 1968.

Chegada a Flamengo No club carioca coincidiu con outro arxentino, o porteiro Rogelio Domínguez. A pesar das súas boas actuacións individuais, o equipo obtivo malos resultados nas diferentes competicións. A súa situación no club empeorou coa chegada ao banco de Yustrich, co que acabou enfrontado, e pediu saír cedido.

Cesión en Huracán Volveu entón á Arxentina, cedido ao Huracán, o máximo rival do seu antigo club, San Lorenzo. Alí coincidiu con mitos do club como Alfio Basile, Carlos Babington e Miguel Ángel Brindisi e tamén cos ex-sanlorencistas Héctor Veira e Alberto Rendo.

A pesar diso, o equipo dirixido por César Luis Menotti (que adestraría a Arxentina no vitorioso Mundial de 1978) tivo un ano de resultados desiguais. Aínda así, xogou un papel crucial na definición do Metropolitano de 1971: na rolda final enfrontáronse fóra da casa ao líder da competición, Vélez Sarsfield. O Vélez abriu o marcador e era virtual campión, polo que a afección xa festexaba o campionato, pero liderados por Doval, os visitantes déronlle a volta ao marcador, polo que o título acabou sendo para Independiente.

Volta a Flamengo Regresou ao Flamengo en 1972, xa con Zagallo como adestrador. No Campionato Carioca dese ano foi o máximo goleador, e marcou ademais un dos goles que lle deron o título ao seu equipo, ante 136.829 persoas en Maracanã, nunha final cun ambiente especial, pois tivo lugar no día festivo do 7 de setembro que marcaba o 150 aniversario da independencia do Brasil.Campeão da independência (maio de 2005). Placar Especial 35 Anos - Coleção de Aniversário n. 2, "Os Grandes Clássicos". Editora Abril, p. 11 No club carioca formou unha gran parella atacante con Zico, axudados dende atrás por Geraldo.

En 1973, sentíndose totalmente adaptado ao Brasil, solicitou a naturalización.O gringo é nosso (20 de julho de 1973). Placar n. 175. Editora Abril, p. 34 Ese ano participou no partido homenaxe a Garrincha. No Campionato Carioca de 1973, o Flamengo gañou a primeira volta, pero o título acabou sendo para o Fluminense, nunha final na que Doval quedou no banco. Continuou no Flamengo a pesar de recibir ofertas do Racing de Estrasburgo, un dos mellores equipos franceses da época. Xustificouno deste xeito: "Que Francia nin que nada. A miña vida está en Río. Eu son carioca. Como podería vivir nunha cidade onde fai tanto frío?".

Fluminense Buscando reforzar o Fluminense, o seu entón presidente, Francisco Horta, propuxo un intercambio co Flamengo: os tricolores Toninho Baiano, Roberto e Zé Roberto irían ao Gávea, mentres que os rubronegros Doval, Rodrigues Neto e Renato, ao Laranjeiras.Fluminense (1975-1977) (outubro de 1994). Placar n. 1097. Editora Abril, p. 21 Os dirixentes do Flamengo, xulgando a Doval xa maior (tiña máis de 30 anos), aceptaron. El respondeu: "Só en Brasil un xogador de 30 anos ou un pouco máis é considerado vello. Non me ven no campo, correndo, loitando, marcando goles?" . Non tardou moito en despexar as dúbidas, marcando 19 goles nos seus primeiros 27 partidos co seu novo club.

Aínda que os afeccionados do Flamengo en xeral estaban máis irritados cos directivos do club que con Doval polo intercambio -un dos afeccionados máis ilustres, o músico Jorge Ben Jor, mesmo compuxo a canción "Troca-Troca" para expresar a súa indignación coa dirección flamenguista-, non deixaron de insultalo nos estadios.miniatura|250x250px| O elenco de San Lorenzo de 1965. Doval, o primeiro agachado, foi o máximo goleador do equipo ese ano.|esquerdaDoval non tardou en converterse en ídolo mesmo nun equipo que reunía grandes nomes como Rivellino, Marco Antônio, Carlos Alberto Pintinho, Carlos Alberto Torres, Manfrini, Gil, Paulo Cézar Caju, Edinho e ao que chegou xunto con Doval, Dirceu. Tras un mal comezo, o gran xogo que despregou o equipo pronto lle valeu o alcume de Máquina Tricolor, e sería lembrado como un dos mellores equipos da historia do fútbol brasileiro. Na final do Campionato Carioca de 1976 -que, impulsado polo intercambio, bateu récords de público, cunha media de 91.140 por partidoRivelino pilotou a Máquina (junho de 2005). Placar Especial 35 Anos - Coleção de Aniversário n. 5, "Os Grandes Esquadrões". Editora Abril, pp. 36-39-, o arxentino marcou o gol do título (igual que en 1972) a falta de dous minutos para o final da prórroga, ante o Vasco da Gama. Aínda que entrara lesionado ao campo Atalho para o sonho (julho de 1993). Placar n. 1085. Editora Abril, pp. 13-14 subiu máis que Abel e Mazarópi nun centro de Rivellino na área do Vasco para marcar de cabeza.O gol de Doval (14 de abril de 1986). Placar n. 829. Editora Abril, p. 5 Foi o último dos seus 20 goles naquela edición do torneo, na que acabou como máximo goleador, igual que catro anos antes.

Outras alegrías daquel 1976 foron contra equipos europeos: o Bayern de Múnic, campión de Europa e intercontinental ese ano, foi vencido nun Maracanã ateigado, e, no Torneo de París, o Fluminense gañou 3-1 a un combinado europeo que reunía aos entón subcampións do mundo Wim Suurbier, Willem van Hanegem, Rob Rensenbrink e o romanés Dudu Georgescu, máximo goleador europeo do período. O Fluminense tamén estivo preto do título do Campionato Brasileiro de 1976, chegando ás semifinais, onde foi eliminado polo Corinthians en Maracanã, na famosa invasión corintiana.A invasão corintiana (março de 2004). Placar n. 1092. Editora Abril, p. 57 A eliminación chegou nos penaltis, sendo Doval o único tricolor que marcou o seu lanzamento (fallaron Rodrigues Neto e Carlos Alberto Torres).A batalha do Timão no Maracanã (27 de maio de 1983). Placar n. 679. Editora Abril, p. 44 Foi elixido por Placar como o mellor dianteiro da competición, e galardoado coa súa única Bola de Prata. Nese ano, no que rematou como máximo goleador do club na tempada con 50 goles, tamén obtivo a cidadanía brasileira.

Doval mantivo o ritmo individual ao ano seguinte, pero aínda así, a eliminación ante o Corinthians acabou marcando a despedida da Máquina Tricolor. En 1977, o equipo decepcionou no campionato carioca e no brasileiro, sendo o único logro un extraoficial: o Fluminense gañou o tradicional torneo amigable Teresa Herrera na súa 32ª edición, derrotando no estadio de Riazor a Feyenoord e Dukla Praha, campión checoslovaco. Doval deixou o Fluminense en 1978, no medio dunha crise no club, de novo eliminado na segunda fase do campionato nacional.Bolão Teste (18 de novembro de 1977). Placar n. 395. Editora Abril, pp. 64-65 Post-Río A continuación regresou á Arxentina, onde volveu ingresar no San Lorenzo, despois de dez anos. Alí tivo como adestrador a Carlos Bilardo. Porén, o equipo, enfrontábase a unha importante crise institucional e tivo que vender as súas estrelas Jorge Olguín e Claudio Marangoni, ademais do seu tradicional estadio Gasómetro, abandonando o barrio de Boedo despois de sesenta anos. Doval xogou só un ano no club, sumando entre as dúas etapas co club 112 partidos e 40 goles, dous deles no derbi ante Huracán.

Rematou a súa carreira nos Estados Unidos. No Cleveland Cobras xogou xunto a dous brasileiros: Rildo e Ivair.Correção (18 de julho de 1980). Placar n. 533. Editora Abril, p. 44 Tamén xogou no New York United, onde alcanzou os decisivos play-off da American Soccer League, a segunda división do fútbol americano.

Selección Debutou coa selección arxentina o 15 de agosto de 1967, mentres formaba parte dos Carasucias de San Lorenzo. Foi nun partido contra a selección chilena en Santiago de Chile. Tras ese partido, a selección partiu de excursión por México e Europa, continente onde só se enfrontou a clubs, non a seleccións nacionais. Así, Doval defendeu o equipo catro veces máis, contra o Málaga (2-2), contra o Espanyol (derrota por 2-1), contra a Fiorentina (1-1) e contra o Lecce (0-0), marcando un gol contra a Fiorentina.dereita|miniatura|235x235px| No seu regreso a San Lorenzo, xa veterano