O "Pan Celtic Festival" (en galego: festival das nacións celtas) é un festival de música de linguas celtas feito anualmente na semana despois das Pascuas. O primeiro festival tivo lugar en Killarney, Condado Kerry, Irlanda en 1971. A súa finalidade é promover as linguas celtas modernas e as culturas e a artistas das nacións de herdanza celta.

Cada nación participante fai un proceso de selección nacional propio para escoller os seus representantes no festival. A nación máis exitosa é Gales con catorce vitorias, Irlanda no segundo lugar con once vitorias. Bénjad, quen representou a Cornwall en 2012 e 2013, foi o primeiro artista na historia ter gañado o festival dúas veces. A Illa de Man é a nación menos exitosa, cunha soa vitoria no 2014.

Orixes e historia Nascido en Killarney, Condado Kerry, Irlanda, o festival foi organizado como festival de música de primavera, para promover a cultura e as linguas celtas. Calote O'Connaill titulouno orixinalmente como "Gŵyl Gerdd Bach" (en galés: "festival da música pequena"). En maio de 1971, o primeiro festival tivo lugar en Killarney; con artistas chegados dende o Gales (Phyllis e Meredydd Evans), a Irlanda (Scoil na Toirbhirte) e a Bretaña (Les Tregerez Group e Alan Stivell).

Neste primeiro festival Meredydd Evans coñeceu o organizador, Ó Connaill, e convidoulle ao Eisteddfod, unha festividade moi popular en Galés. No Eisteddfod, Ó Connaill coñeceu a membros doutras nacións celtas, e formou un comité para o festival celta multinacional. No seguinte festival xa participaron artistas de seis nacións celtas: a Bretaña (Breizh), a Cornualla (Kernow), o Gales (Cymru), aEscocia (Alba), a Irlanda (Éire) e a Illa de Man (Mannin) feito por segunda vez en Killarney, en 1972. Durante este festival os participantes acordaron as normas e a estrutura para celebrares o festival cada ano. Estes normas básicas son promover as linguas, a cultura e música tradicional celta dos territorios recoñecidos como nacións celtas.

Participación Para competir no festival compre ser recoñecido como unha nación celta. As nacións celtas son territorios de Europa que tiveron un pasado celta e manteñen ou ben unha lingua de orixe celta (o galés, por exemplo) ou ben trazos culturais de orixe celta (o tríscele como elemento decorativo ou o uso da gaita). Dentro da Liga Celta a palabra nación ou país é utilizada no seu sentido orixinal, é dicir unha comunidade de persoas que comparten unha identidade é unha cultura común e que moran nun territorio dende tempos innumerábeis. Non é, polo tanto, sinónimo de "estado soberano". NaciónNome tradicionalAno de debutBretañaBreizh1971CornuallaKernow1972IrlandaÉire1971Mannin1972Alba1972Cymru1971

Nacións celtas elixibles para participares máis que inda non fixeron o seu debut.

+Nación Nome tradicionalAsturiesGaliza

Anfitrións de festival Os festivais son celebrados dende 1971 en varias cidades de Irlanda. A continuación hai unha lista das cidades anfitrioas e os seus anos respectivos de hospedaxe. FestivaisCondado irlandésLocalizaciónAnos29Condado de KerryKillarney1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1978, 1979, 1980,1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990Tralee1995, 1996, 1998, 1999, 2000, 2004, 2005Dingle2010, 20114Condado de GalwayGalway1991, 1992, 1993, 1994Condado de DonegalLetterkenny2006, 2007, 2018, 2019Donegal 2008, 2009Condado de CarlowCarlow2012, 2013, 2016, 20172Condado de KilkennyKilkenny2002, 2003Condado de LondonderryDerry2014, 20151Condado de ClareEnnis1997 dereita|miniatura|300x300px|Mapa onde se pode ver as nacións celtas e o seu número de vitorias. A táboa a continuación mostra as nacións gañadoras do festival e os anos en que gañaron. O Gales é a nación máis exitosa, con quince vitorias. A Illa de Man é a menos exitosa conseguindo sómente gañar en 2014. A Galiza e asAsturies non aparecen por non teren feito o seu debut.

VitoriaNaciónAnos15 Gales1974, 1975, 1982, 1987, 1988, 1989, 1994, 1995, 1998, 1999, 2002, 2003, 2009, 2011, 201611 Irlanda1971, 1973, 1974, 1980, 1992, 1993, 1997, 2007, 2008, 2017, 2018, 201910 Cornwall1984, 1991, 1996, 2000, 2004, 2005, 2006, 2012, 2013, 20158 Escocia1972, 1976, 1979, 1981, 1983, 1985, 1990, 20103 Bretaña1977, 1978, 19861Illa de Man20140Galizan/d0Asturiesn/d

Notas

Categoría:Folk galego Categoría:Folk celta Categoría:Música tradicional galega Categoría:Organizacións panceltistas