Dilwale Dulhania Le Jayenge (en ) é un filme musical indio de 1995 dirixido por Aditya Chopra. Foi o primeiro filme dirixido por Chopra, e foi producido polo seu pai Yash Chopra, e escrito por Javed Siddiqui xunto con Aditya Chopra. Estreouse o 20 de outubro de 1995, e está protagonizado por Shah Rukh Khan e Kajol. O filme conta a historia de Raj e Simran, dous mozos indios que se namoran durante unhas vacacións por Europa. Raj tenta gañar a simpatía da familia de Simran con tal de que poidan casar, mais o pai de Simran prometeu a man da súa filla ao fillo dun amigo. O filme foi rodado na India, Londres e Suíza dende setembro de 1994 até agosto de 1995.

Personaxes Créditos adaptados do British Film Institute.

Shah Rukh Khan como Raj Malhotra Kajol como Simran Singh Amrish Puri como Chaudhary Baldev Singh, pai de Simran Farida Jalal como Lajwanti "Lajjo" Singh, nai de Simran Satish Shah como Ajit Singh, amigo de Baldev na India Achala Sachdev como avoa de Simran Himani Shivpuri como Kammo Kaur, tía de Simran Pooja Ruparel como Rajeshwari "Chutki" Singh, irmá de Simran Anupam Kher como Dharamvir Malhotra, pai de Raj Parmeet Sethi como Kuljeet Singh, fillo de Ajit Mandira Bedi como Preeti Singh, filla de Ajit Anaita Shroff Adajania como Sheena, amiga de Simran Karan Johar e Arjun Sablok como os amigos de Raj, Paunchy e Robbie

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua hindi Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Aditya Chopra Categoría:Filmes con banda sonora de Jatin Lalit Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados na India Categoría:Filmes de Yash Raj Films