Twitch en galego é unha comunidade de creadores de contido (na plataforma de Twitch) que usan o galego como lingua vehicular. Nada en agosto de 2020 co obxectivo de recompilar os creadores que facían contidos en galego e conseguir a través de sinaturas a etiqueta de "galego" na plataforma, que permita identificar os directos que se fan nesa lingua. E por suposto promover e participar na normalización da creación de contidos en galego.

Na súa canle de Twitch, que está a disposición da comunidade, fan retransmisións especiais. A primeira foi a retransmisión do Torneo de Grelo, xunto a Revista Morcego en novembro de 2020. Tamén retransmitiron as galas dos premios galituiter, ou xornadas de creadoras polo 8M. Pódense ver de novo na canle de YouTube.

Tanto en Twitter como en Facebook contan cun bot que avisa cando un creador da comunicade comeza a facer un directo.

En 2021 agrúpase con Podgalego e YouTube en galego, redirixíndose entre os sitios web, e propoñen unha estratexia común para promover creadores de contido en galego, e normalizar o galego.

Ao remate de 2021 a comunidade contaba con 103 canles que emitían en galego. E uns 23.100 seguidores, 13.000 únicos, entre todas ás canles. E a canle con máis seguidores é a de Pablo Rodríguez Vila.

Principios Os principios de Twitch en galego figuran no seu sitio web.

"A promoción de todos aqueles contidos e de todas aquelas persoas que crean os seus contidos en galego nestas plataformas." "Poden formar parte desta iniciativa todas aquelas persoas e colectivos que empreguen o galego como a súa lingua vehicular (en calquera das normas RAG / AGAL)" Non admiten organizacións políticas Non admiten tampouco discursos machistas, xenófobos, negacionistas etc.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Twitch https://www.twitch.tv/twitch_en_galego

Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Normalización lingüística do galego Categoría:Twitch