Pioneiras de Ciencias de Lugo é un ensaio de María Isabel Fernández García publicado en 2021 editado polo Colectivo Egeria.
Este libro amosa as traxectorias de 62 mulleres pioneiras na ciencia na provincia de Lugo, entre elas: Manuela Barreiro, primeira alumna na USC e primeira licenciada de Galicia; Ángela Pardo Celada, primeira xinecóloga e primeira doutora en Medicina; Rosa Manuela Torviso Monje, primeira profesora de Ciencias do Instituto de Lugo; Mª Paz Gasalla, primeira oftalmóloga; e María Teresa Fernández Rodríguez, primeira investigadora e profesora auxiliar de universidade.
O libro pretende "Rescatar e poñer en valor a estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais, que nun número pequeno pero importante xa van formando parte do mundo científico e tecnolóxico".
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Balbina López Somoza Dolores Lombardero Eloísa Rivadulla Álvarez Isaura Usero Souto
Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:2021 en Galicia Categoría:Nados na provincia de Lugo Categoría:Científicos de Galicia