Richard Matheson, nado en Allendale, Nova Jersey, o 20 de febreiro de 1926 e finado o 23 de xuño de 2013, é un escritor estadounidense de fantasía, ficción científica e horror. Traxectoria Fillo de inmigrantes noruegueses, criouse en Brooklyn e estudou na Brooklyn Technical School. Despois fixo o servizo militar como soldado de infantaría na segunda guerra mundial. En 1949 licenciouse en xornalismo pola Universidade de Missouri e en 1951 mudouse a California. Casou en 1952 e tres dos seus catro fillos (Chris, Richard Christian e Ali Matheson) tamén son escritores e guionistas.

Obra Matheson iniciouse na literatura publicando os seus contos no diario Brooklyn Eagle. Xa en California, empezou a escribir relatos de fantasía, terror e ciencia ficción, publicados desde 1950 pola revista Magazine of Fantasy and Science Fiction. O seu primeiro conto publicado Borne of Man and Woman fíxoo inmediatamente famoso.

En 1954 apareceu a súa xa clásica novela I Am Legend, unha orixinal historia na cal o mundo sofre unha pandemia de vampirismo á que se ten que enfrontar un só home. En 1957 adaptou ao cine a súa novela The Shrinking Man, da cal resultou un filme de culto.

Tamén destacou como guionista de varios capítulos da serie televisiva Twilight Zone e da película de Steven Spielberg Duel, baseada nun relato seu.

Véxase tamén

Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados no condado de Bergen, Nova Jersey Categoría:Contistas