thumbtime=66|miniatura|300x300px|Arquivo de vídeo co filme O Homem Mecânico. Dominio público. L'uomo meccanico é unha película italiana de ciencia ficción de 1921 dirixida por André Deed (que tamén a protagonizou como o personaxe cómico Saltarello). Dado que se perdeu Il mostro di Frankenstein de 1920, L'uomo meccanico, é a primeira película de ciencia ficción producida en Italia e, tamén, a primeira que mostra unha batalla entre dous robots, un bo e outro malo. O director de fotografía foi Alberto Chentrens.Workman & Christopher (2016), p. 240 O director Deed comezou a súa carreira como actor en Francia e despois trasladouse a Italia. Após rematar L'uomo meccanico, volveu a Francia. Dirixiu cerca de 40 películas e actuou en máis de 200, antes de morrer en 1940.Workman & Howarth (2016).
Historia Durante moitos anos, o filme, duns 80 minutos de duración, foi considerado perdido até que varias bobinas da versión portuguesa foron descubertas na Cinemateca Brasileira, en Sao Paulo e foi restaurada posteriormente, en 1992, grazas á intervención da Cineteca di Bologna. Do orixinal da película, que duraba unha hora, aproximadamente, e contaba con 1.821 metros, só se recuperaron 740 metros que son uns 26 minutos. e o que se perdeu correspóndese coas escenas do principio onde aparece o científico. A maioría das imaxes perdidas consisten no terzo inicial da película, onde aparece o científico; igualmente, se perderon os créditos do elenco polo que algúns personaxes non se poden identificar.
A partir dun borrador inicial do guión, a trama da película foi reconstruída con elementos tipicamente de ciencia ficción para a época como a presenza dunha pantalla que anuncia a televisión, naquel momento aínda en fase experimental, e un robot teledirixido mediante unha pantalla. A caracterización do robot foi orixinal e converterase na inspiración de obras posteriores do cine de ciencia ficción estadounidense dos anos cincuenta. Mesmo, o crítico de cine Christopher Workman teorizou que a película influíu en Metropolis (1927) de Fritz Lang.
Sinopse Un científico crea un dispositivo con forma de home que pode ser controlado a distancia por unha máquina. O home mecánico posúe velocidade e forza sobrehumanas. Porén, o científico é asasinado por unha banda de criminais dirixida por unha muller chamada Mado, que desexa obter o seu segredo para construír o home mecánico. Os criminais son capturados antes de seren capaces de conseguilo, e son levados a xuízo e condenados. Mado consegue escapar e secuestra á sobriña do científico, o que lle obriga a darlle os planos e constrúe outro robot, e controlado por ela comete varios crimes.
O irmán do científico (Gabriel Moreau), con todo, ten éxito na creación doutro home mecánico que usa para combater o orixinal. Os dous robots pelexan entre si nun teatro da ópera e acaban destruíndose a si mesmos e ao teatro. Durante a batalla final, Mado tenta freneticamente controlar o robot e é electrocutada no panel de control por un curtocircuíto.
Elenco
André Deed: Modestino D'Ara, Saltarello Valentina Frascaroli: Margherita Donadieff, Mado Mathilde Lambert: Elena D'Ara Gabriel Moreau: Profesor D'Ara Ferdinando Vivas-May Giulia Costa
Produción A película foi producida en Italia, pola sociedade anónima Milano Films e inicialmente titulouse "L’uomo artificiale", para quedar co título definitivo de L’uomo meccanico. É a segunda parte dunha triloxía ou serial cinematográfico en tres capítulos, do que tamén está perdido o primeiro episodio, Il documento umano, e mailo terceiro, Gli strani amori di Mado, do que non hai información certa, sendo probable que quedase sen rematar por mor da quebra da produtora.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Baker, Kage (2012). Ancient Rockets Treasures and Train Wrecks of the Silent Screen (1st ed.) Sterling, Bruce (21 May 2012). "Showtime: L'Uomo Meccanico, 1921".Chicago: Tachyon Publications. pp. 35–37. ISBN 9781616961121. Workman; Troy, Christopher; Howarth (2016). "Tome of Terror: Horror Films of the Silent Era". Midnight Marquee Press. ISBN 978-1936168-68-2.
Outros artigos Cinema mudo
Ligazóns externas
Lista de filmes no dominio público nos EEUU L'uomo meccanico (1921) - IMDb Cinemateca Brasileira 5000 películas gratis de dominio público (europapress, en castelán)
Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de 1921 Categoría:Historia do cinema Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:Cinema mudo