Frutos Fernández Illá, nado en Pontedeume en 1868 e finado en Dumbría o 5 de decembro de 1938, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria Foi secretario interino do xulgado municipal de San Sadurniño. Dirixiu o periódico Breamo de Pontedeume (1914-1916). Foi secretario interino do Concello de Ares (1924),El Ideal Gallego, 3-4-1924, p. 4. e secretario propietario do Concello de Laxe dende 1927,El Ideal Gallego, 2-3-1927, p.8. do que foi destituído a principios do ano seguinte,La Voz de Galicia, 28-4-1928, p. 3. e despois do de Dumbría ata a súa morte, o 5 de decembro de 1938.La Voz de Galicia, 6-12-1938, p. 7.

Vida persoal

Casou con Carmen Martínez Sardina e foi pai de Frutos, Jesús, Nicolás, Carmen, Saturnino, Elvira, Teresa, Carlos, José e Marina Fernández Martínez. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Breamo

Categoría:Avogados de Galicia

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1938