Cherrybomb é un filme británico de 2009 dirixido por Lisa Barros D'Sa e Glenn Leyburn, protagonizado por Rupert Grint, Kimberley Nixon, Robert Sheehan e James Nesbitt. A rodaxe empezou en Belfast o 7 de xullo de 2008 e durou catro semanas. O filme inclúe espidos, consumo de alcol e drogas, furtos en tendas e roubos de coches. Foi publicada en DVD o 23 de agosto de 2010 no Reino Unido. Estreouse nos EUA en setembro de 2009 en Los Angeles Irish Film Festival. O tema central do filme é "Cherrybomb", de The Runaways.

Cherrybomb estreouse en 2009 no Festival Internacional de Cinema de Berlín, mais inicialmente non foi posíbel atopar distribuidor. As seareiras e seareiros de Grint impulsaron unha campaña co fin de lograr un acordo de distribución no Reino Unido.

Argumento Malachy McKinny, un estudante de secundaria aplicado, traballa no Titanic Leisureplex, un centro de deportes propiedade de Dave. O seu mellor amigo é Luke, un traficante de drogas que vive co seu pai, drogadicto. Os dous mozos fican abraiados con Michelle, unha moza fermosa e con carisma que vén de mudarse de Londres para vivir co seu pai, Dave.

Luke e Malachy tentan gañar o afecto de Michelle, polo que compiten entre eles nun desenfreo de sexo, drogas, vandalismo, roubos e pelexas. Porén, os tres adolescentes acaban por decatarse de que a situación se lles foi das mans. A festa que montan no Titanic Leisureplex remata nunha desfeita cando Dave chega e atópao todo estragado. Bótalle a culpa a Malachy, e houbo matalo a golpes, mais Luke sálvao golpeando a Dave na cabeza cun pau.

Desorientado, Dave vira amodo cara Luke, quen lle volve bater na cabeza. Malachy, ensanguentado e cheo de negróns, levántase e dille a Luke que non quere deixar alí a Michelle, quen está a chorar ante o seu pai, morto. Luke fica con Malachy "apoiándoo", até que chegan a ambulancia e a policía e son detidos para tomárenlles declaración.

O final do filme coincide coa secuencia de apertura. Malia vérense só anacos do interrogatorio final, escóitanse as últimas palabras de Malachy e Luke.

Elenco

Rupert Grint como Malachy McKinney Robert Sheehan como Luke Kimberley Nixon como Michelle James Nesbitt como Dave, o pai de Michelle Niamh Quinn como Donna Paul Kennedy como Chris Conor MacNeill como Fanta Greer Ellison como Bun Kat Kirk como Sharon Kathy Kiera Clarke como Emma Lalor Roddy como Smiley Paul Garrett como Bob Paul Caddell como profesor de natación Richard Orr como Tío Joe Bronach Lawlor como Jessica Maggie Hayes como Tía Maggie

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes ambientados en Irlanda do Norte Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes independentes do Reino Unido Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes rodados en Irlanda do Norte