miniatura|Edward Osborne Wilson. Edward Osborne Wilson, nado en Birmingham (Alabama) o 10 de xuño de 1929 e finado en Burlington, Massachusetts, o 26 de decembro de 2021, foi un biólogo e entomólogo estadounidense.
Traxectoria Introduciu o concepto de biodiversidade na lingua científica. Escribiu On Human Nature, The Future of Life e a triloxía The Social Conquest of Earth (2012), The Meaning of Human Existence (2014) e Half-Earth: Our Planet's Fight for Life 2016.
Foi premio Pulitzer dúas veces. Especialista en formigas, chegou a dicir que "se o ser humano desaparecese o mundo continuaría, pero sen os insectos dubido que a especie humana durase máis de tres meses". No ano 2006 publicou The Creation: An Appeal to Save Life on Earth, reclamando a atención sobre a extinción de especies, e avogando por unha aliaxe entre ciencia e relixión ("as dúas forzas máis poderosas do mundo") para mobilizar a sociedade e os políticos.
Notas
Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Gañadores do Premio Pulitzer Categoría:Alumnos da Universidade de Alabama Categoría:Alumnos da Universidade Harvard