Noelia Rodríguez Rey, máis coñecida como Noelia Rey, nada en Ourense o 9 de abril de 1995, é unha xornalista galega de televisión.
Traxectoria Estudou secundaria no IES Otero Pedrayo e licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago. Ten un Mestrado en Xornalismo en Radio, TV e Multimedia, Xornalismo audiovisual na Escuela Superior de Imagen y Sonido CES de Madrid.
Fixo prácticas en La Voz de Galicia (Ourense) e foi redactora en Mediaset España e bolseira da CRTVG. Xornalista en Produciones Audiovisuales SETE MEDIA SL, colaborou con Galicia Noticias Serán, presentou Cantas ou non, traballou en Adiviña quen ven esta tarde e Aquí Galicia, e como reporteira, guionista e colaboradora en Malicia Noticias, todos na TVG. En 2021 participou no Land Rover e en 2022 tamén no Luar.
En xuño de 2022 comezou a presentar na TVG Vaia troula!
O 31 de decembro de 2021 foi a encargada, xunto con Arturo Fernández e Teresa Portela, de dar as badaladas de ano vello na TVG. Repetiu en 2023 con Xosé Ramón Gayoso e Rocío Durán.
Premios
2022: Premio europeo CIRCOM como ‘Novo talento en Pantalla’ 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Noelia Rey en Twitter Entrevista en YouTube
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1995 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela