José Antonio Lage Méndez, coñecido como Antón da Amora, nado en Celeiro (Viveiro) en 1928 e finado na mesma vila o 8 de maio de 2020, foi un patrón de pesca galego, pioneiro en ir á pescada do Gran Sol.
Traxectoria Fillo do republicano Manuel Lage VieiroMaría Jesús Souto Blanco. "Memoria Histórica, victimas confirmadas da represión 1936-1940" Concello de Lugo. Ficha Manuel Lage Viveiro e Carmen Méndez Vizoso, matrimonio que agochou ó guerrilleiro, Marrofer, Manuel Rodríguez Fernández.
A súa labor como descubridor de caladoiros foi un fito para a frota galega e o porto de Celeiro. Coñecido pola defensa dos navíos galegos na guerra das 200 millas capitaneando o barco Nemesia Santos, polas incursión nos mares do Sur co Acacio Vale e co Catalina nos caladoiros do norte. Naufragou ata en tres ocasións. Tivo un papel heroico mandando o Colindres no rescate de embarcacións e mariñeiros na galerna de 1961, que describen os historiadores coma Hixinio Puentes. Con forte compromiso social local, loitando polos dereitos dos mariñeiros, a protección da Ría de Viveiro ou estivo vencellado á creación da Asociación de Veciños de Celeiro. Finou en Celeiro o 8 de maio de 2020.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-5-2020, p. 40.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Mariñeiros Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes