Os mammaliaformes ou mammaliformes (do grego "con forma de mamífero") son un grupo de terápsidos extremadamente pequenos que inclúe mamíferos e algúns antepasados do grupo. Os mamaliaformes son un clado creado por Rowe en 1988 para clasificar a todos os tetrápodos considerados até esa data como mamíferos (fósiles coa cadea ósea do oído medio) e reservar a clase Mammalia para as especies actuais e aquelas emparentadas filoxeneticamente.

Unha definición simple dos mamíferos pode axustarse ao grupo composto por: "O último antepasado común de Ornithorhynchus anatinus e Homo sapiens e todos os seus descendentes vivos e extintos".

Taxonomía A pesar de ser un clado de creación recente, a clasificación taxonómica pode variar segundo as fontes.

Clase Synapsida Suborde Cynodontia Prozostrodon MAMMALIAFORMES Rama Allotheria (ou Multituberculata) Familia Megazostrodonidae Adelobasileus Orde Sinoconodonta Orde Haramiyida Orde Morganucodonta Orde Docodonta Hadrocodium Orde Symmetrodonta Clase Mammalia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Evolución dos mamíferos Therapsida

Ligazóns externas

Mammaliaformes e mamíferos de Palaeos Mamíferos mesozoicos; Basal Mammaliaformes, directorio en liña

Categoría:Taxonomía