Os billetes do dólar estadounidense son o papel moeda emitido nesta unidade monetaria nos Estados Unidos de América a partir da súa independencia en 1776, impresos a instancias de diversas autoridades emisoras e con diferentes consideracións legais e denominacións, como o diñeiro continental, os billetes do Tesouro, os certificados de prata ou de ouro, as emisións de bancos privados etc., ata a moderna emisión dos billetes da Reserva Federal dos Estados Unidos, a partir de 1914, aos que corresponden os que actualmente están en circulación no país.

Historia dos billetes estadounidenses

Diñeiro continental dereita|miniatura|240x240px|Billete de cinco dólares coa inscrición CONTINENTAL CURRENCY, emitido en Filadelfia o 10 de maio de 1775."Continental Congress, Philadelphia PA: 5 dollars 1775". www.banknote.ws

Xa antes da Revolución Americana, cada unha das Trece Colonias emitira xa o seu propio papel moeda, que practicamente en todos os casos amosaba o seu valor facial en libras esterlinas e os seus divisores, é dicir, na moeda da metrópole.Newman, E. P. (1990). Páxinas 16-17.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 224-241.

En 1776, ao pouco de constituírense os Estados Unidos de América, a nova nación realizou tamén emisións de papel moeda que foi adquirido pola poboación que quería apoiar a guerra, coa promesa de que esa moeda podería ser trocada por reais de oito españois logo de finalizada a contenda. Nun primeiro momento, estes billetes circulaban mantendo o seu valor declarado, mais ao cabo duns poucos meses comezaron a desvalorizarse ata perderen practicamente todo o seu valor. Daquela, o Goberno dos Estados Unidos acordou trocar este papel moeda por bonos do Tesouro ao 1 % do valor nominal.Newman, E. P. (1990). Páxinas 16-17.Wright, R. E. (2008). Páxinas 49-52.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 223-224.

Paralelamente, nese mesmo 1776 deseñouse tamén unha a primeira moeda metálica dun dólar, coñecida como dólar continental, aínda que non parece que chegase a ser producida en cantidades suficientes como para a súa posta en circulación."1 Dollar "The Continental Dollar" (pewter)". Numista.comHudgeons, M. et al. (2014). "1776 Continental Currency". En Official Blackbook price guide to United States Coins. Random House. Nova York. ISBN 978-0-375-72348-3"Continental Currency". Professional Coin Grading Service.

Os valores faciais emitidos destas emisións do chamado "diñeiro continental" (Continental Currency) foron desde 1/6 de dólar ata os 80 dólares.Newman, E. P. (1990). Páxinas 16-17.Wright, R. E. (2008). Páxinas 49-52."Continental Currency ". https://coins.nd.edu"United States of America: Continental Congress". www.banknote.ws

Billetes do Tesouro dereita|miniatura|240x240px|Billete do Tesouro de 10 dólares (1815), emitido por mor da guerra de 1812."United States of America. United States Treasury. 10 Dollars. 1815". http://www.banknote.ws

Os billetes do Tesouro (Treasury Notes) emitíronse durante un século, no período de 1812 a 1913. Tratábase de billetes que devindicaban xuros emitidos polos Estados Unidos en tempos de guerra ou de desordes financeiras.Hollander, J. H. (1919). Páxinas 8-19.

Os primeiros destes billetes emitíronse con diversos valores faciais durante a guerra de 1812 (tanto de pequeno como de gran tamaño),Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 243-247. durante o Pánico de 1837, con motivo da guerra mexicano-estadounidense, durante o Pánico de 1857, co gallo da Guerra Civil Estadounidense e durante o Pánico de 1907. Os emitidos entre estes dous últimos sucesos coñécense tamén como "certificados de endebedamento" (Certificates of Indebtedness)."United States of America. Treasury Notes". http://www.banknote.ws

Demand Notes dereita|miniatura|240x240px|Demand Note de 10 dólares (1861)."United States of America. Demand Note. 10 Dollars (on Demand)". http://www.banknote.ws

Os Demand Notes (unha posible tradución sería "billetes á vista") están considerados como o primeiro papel moeda emitido polos Estados Unidos coa finalidade principal de seren postos en circulación.Mitchell, W. C. (1903). Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 11-13.

Creáronse por mor da escaseza de moeda circulante, xa que a poboación a atesouraba durante a guerra civil estadounidense. Tiñan uns valores faciais de 5, de 10 e de 20 dólares, e podían ser trocados por moedas."United States of America. Demand Notes". http://www.banknote.ws En 1862 foron substituídos polos coñecidos como "billetes dos Estados Unidos", aínda que permaneceron en circulación durante anos despois da guerra.

Debido á tinta verde utilizada na súa impresión, que caracteriza sinaladamente os seus reversos, e en contraposición ao branco dos billetes dos Estados Confederados, os Demand Notes recibiron o alcume de greenbacks ("billetes verdes").

Billetes dos Estados Unidos dereita|miniatura|240x240px|Billete dos Estados Unidos (Legal Tender Note) de 100 dólares (1966).

Os coñecidos como "billetes dos Estados Unidos" (United States Notes) ou tamén como "billetes de curso legal" (Legal Tender Notes) foron os sucesores dos Demand Notes como a principal representación do papel moeda nos Estados Unidos a partir de 1862."United States of America. Treasury Notes - Legal Tenders - United States Notes". http://www.banknote.ws Non se podían tocar por moeda, mais esixíanse para o pagamento de todos os impostos e das débedas, o que fixo que a poboación acabase por aceptar o seu uso.Knox, J. J. (1884). "United States Notes" e "United States Notes. Legal-Tender Cases". En Cyclopaedia of Political Science, Political Economy, and of the Political History of the United States. Vol III. Rand McNally & Co, Chicago. Páxinas 960-986, 986-989.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 14-34, 164-166.

Unha das súas características diferenciadoras é a presenza dun selo de cor vermella e a súa primeira serie completa emitiuse unicamente en 1878, con valores faciais de 1, de 2, de 5, de 10, de 20, de 50, de 100, de 500, de 1.000, de 5.000 de 10.000 dólares."United States of America. United States Notes: 1878 Series". http://www.banknote.ws En 1928 emitiuse unha segunda serie, en tamaño máis pequeno, limitada sos valores de 1, de 2 e de 5 dólares."United States of America. United States Notes: 1928 Series". http://www.banknote.ws En 1934, cando os billetes da Reserva Federal —que se verán máis adiante— deixaron de ser trocables por ouro, a única diferenza entre as dúas modalidades de billetes era que estes eran considerados como pasivos da Reserva Federal, en tanto que os "billetes dos Estados Unidos" ou "billetes de curso legal" eran pasivos directos do Departamento do Tesouro dos Estados Unidos."Legal Tender Status". U.S Department of the Treasury.

Os billetes de 2 e de 5 dólares emitíronse ata 1966, e o valor de 2 dólares unicamente se imprimía como "billete dos Estados Unidos". Nese ano, o billete de 5 dólares deixou de emitirse nesta modalidade e o de 2 cesou a súa produción por completo. Tamén en 1966, emitiuse un "billete dos Estados Unidos" con valor de 100 dólares para cumprir os requisitos legais relativos á cantidade de billetes en circulación."United States of America. United States Note. 100 Dollars". www.banknote.ws

O 21 de xaneiro de 1971 interrompeuse a produción deste tipo de billetes e desde esa data non se puxo ningún máis en circulación. Do mesmo modo que os anteriores Demand Notes, a cor verde dos seus reversos fixo que fosen coñecidos tamén como greenbacks ("billetes verdes").

Diñeiro fraccionario dereita|miniatura|240x240px|Billete fraccionario de 50 centavos (1863)."United States of America. Fractional Note. 50 Cents". www.banknote.ws

Durante a Guerra Civil Estadounidense, as moedas de prata e de ouro foron acaparadas pola poboación por mor da incerteza sobre o resultado da contenda. Comezáronse a utilizar, daquela, no canto das moedas, selos de correos quen se dispuñan dentro de carcasas metálicas para a súa protección."United States of America. Encased Postage Stamps". www.banknote.wsFriedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 153-163, 220-222.

O Goberno decidiu substituír as moedas con valor facial inferior a un dólar por billetes, para resolver este problema. Houbo cinco emisións deste papel moeda fraccionario, desde o 21 de agosto de 1862 ao 15 de febreiro de 1876, con valores faciais de 3, de 5, de 10, de 15, de 25 e de 50 centavos de dólar.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 153-163."United States of America. Fractional Currency". www.banknote.ws

Billetes con xuros dereita|miniatura|240x240px|Billete de 5.000 dólares (1863) cun xuro anual do 5 %."United States of America. Interest Bearing Note. 5.000 Dollars". www.banknote.ws Entre 1863 e 1865 emitiuse unha serie de billetes que devindicaban un xuro anual do 5 % ou do 7,3 %. Os primeiros deles tiñan un vencemento dun ano, en tanto que os segundos —tamén coñecidos como seven-thirties— vencían aos tres anos.

Os valores faciais destes billetes foron os de 10, de 20, de 50, de 100, de 500 e de 1.000 dólares.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 38-47.Woodward, G. T. (1995). "Interest-bearing currency: evidence from the Civil War experience". En Journal of Money, Credit and Banking. Vol. 27."United States of America. Interest Bearing Notes". www.banknote.ws

Billetes do Tesouro con xuros compostos dereita|miniatura|240x240px|Billete con xuros compostos de 50 dólares (1863)."United States of America. Compound Interest Treasury Note. 50 Dollars". www.banknote.ws

Simultaneamente á emisión de billetes con xuros, entre 1863 e 1864 emitiuse tamén papel moeda do Tesouro dos Estados Unidos con xuros compostos, que aboaban un 6 % de xuro anual composto semestralmente, tres anos despois da súa emisión.

Os valores faciais destes billetes foron os de 10, de 20, de 50 e de 100 dólares.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 35-37."United States of America. Compound Interest Treasury Notes". www.banknote.ws

Certificados de ouro dereita|miniatura|240x240px|Certificado de ouro de 5.000 dólares (1888)."United States of America. Gold Certificate. 5.000 Dollars". www.banknote.ws

Os certificados de ouro emitíronse desde 1865 ata 1934 e tiñan a particularidade de podérense trocar por moedas de ouro do mesmo valor. Logo da prohibición da posesión de ouro en mans privadas de 1933 nos Estados unidos, estes billetes foron retirados da circulación e substituíronse polos "billetes dos Estados Unidos" ou "billetes de curso legal".

Imprimíronse en tamaño grande ata 1929 e en tamaño reducido a partir desa data. Os valores faciais emitidos inicialmente foron os de 20, de 100, de 500, de 1.000, de 5.000 e de 10.000 dólares. En 1882 engadíuselles o billete de 50 dólares, seguido polo de 10 dólares en 1907. En 1934 tamén se emitiu un billete de 100.000 dólares, que se utilizou exclusivamente para as transaccións interbancarias, aínda que nunca chegou a estar nunca ao dispor da poboación en xeral.Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2006). Páxinas 143-152, 218-219."United States of America. Gold Certificates". www.banknote.ws

Billetes dos bancos nacionais dereita|miniatura|240x240px|Billete de 10 dólares do Banco Nacional de Bluefield (Virxinia Occidental) (1929)."United States of America. National Bank Note. 10 Dollars". www.banknote.ws

De xeito diferente ao resto do papel moeda estadounidense, os billetes dos bancos nacionais (National Bank Notes) non eran emitidos directamente polos bancos autorizados polo Goberno para o facer. A concesión dos bancos expiraba ao cabo de 20 anos e tiñan que renovala se querían continuar a emitir billetes do Banco Nacional correspondente. Todos estes billetes tiñan un formato estandarizado, agás a inclusión do propio nome do banco emisor, e a súa emisión produciuse en tres series, coincidindo con tres períodos de concesión: 1869-1882, 1882-1902 e 1902-1922.