Nuria Vilán Prado, coñecida como Nuria Vil, nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, é unha poeta galega. Creadora e performer interdisciplinar, cun traballo que transita entre a palabra, o corpo e o espazo sonoro. As súas propostas exploran as emocións colectivas e a memoria compartida desde unha linguaxe poética e visual.
Traxectoria Resitadora. Máis coñecida como Nuria Vil nos circuítos escénicos. O seu traballo artístico, eminentemente oral, céntrase en levar a poesía máis aló da escrita, busca hibridar a palabra con formas de arte experimental e performática a través dun discurso marcado pola vindicación social. Activista política e transfeminista.
Formouse no Grao en Estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo e despois no Máster en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Compostela. Traballa como correctora editorial, no eido da revisión ortotipográfica e de estilo. Imparte obradoiros de creación literaria e tamén desenvolve labores de comunicación. Cocreou o proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel en 2016.
En 2021, a Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral de Vigo, APAMP, dedícalle un mural en barro na Rúa Miguel Hernández de Vigo cos versos da autora: «Deséxovos fillas poetas». Outras poetas homenaxeadas neste proxecto foron Miriam Ferradáns, Pilar Álvarez e Laura Sam. En 2025 completaron a instalación cunhas placas de cerámica cos retratos das autoras.
En 2025, tamén, presentou o reality Nail Clue na Plataforma de A Galega.
Forma parte da Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega.
Obras
Poesía Simún (2021). Chan da Pólvora. Fermoso, intenso, fascinante: así é ‘Simún’, a obra de Nuria Vilán que chega nun libro excepcional‘Imaxinábaa’, o primeiro vídeo de Nuria Vilán Prado sobre o seu libro ‘Simún’ ISBN 978-84-123183-4-0. Desobediensia (2026). Ed. Caldeirón. ISBN 978-84-128069-7-7. 63 páxs.
Curtametraxe Delincuente (2024). Curtametraxe con Alba Domínguez.
Obras colectivas
Pluma, tinta y papel II (2013). Ed. Diversidad literaria. Dentes para a mazá (2018). Ed. Chan da Pólvora. Trobeir*s do século XXI (2019). Ed. Chan da Pólvora. Poesía Galega Novísima (2020). Trobeir*s do século XXI. Ed. Urutau Así fala Penélope [unha antoloxía de xénero] (2022). Ed. Chan da Pólvora. Antoloxía biosbarda para parche (2023). Ruin Alter Edicións. Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (2023). Ed. Xerais. Pictura Fulgens (2023). Ed. Continta me tienes. Poetízate: poesía e rebelión (2024). Ed. Xerais. Insubmisión ambigua (2025). Ed. Xerais.
Performance
Espazo a vulnerar. Estrea absoluta no Festival Escenas do Cambio 2023. Creación de visuais en directo de Iria Silvosa e música de MorlitaM. Declaro deserto. Estrea absoluta no Festival Performa 2024. Saxofón e palabra falada. Abride sinal. Instalación na Fundación Granell. Palabra falada, collage, Super-8. 2024.
Espectáculos
Por Xela! A Banda da Loba, Helena Salgueiro, Estíbaliz Espinosa, Vanessa Glemsel. Dúas Gamberras e un Micro. Espectáculo de poesía escénica con Vanessa Glemsel (2016 - 2019) Grupo F con Marcia Vázquez, Eva Comesaña, Vanessa Glemsel, «Camo de batalla», 2017. Sésega. Música experimental, palabra falada. Con Charles Rapante. Indóciles (2024). Espectáculo homenaxe a Luísa Villalta con Mónica de Nut e Vero Rilo.
Premios
Traxectoria
2022: Receptora Bolsa Ensaia 2022
Audiovisual 2024: Premio Xurado Novo Mellor Curtametraxe Festival Intersección por Delincuente. 2024: Premio Mulleres no Audiovisual Festival Intersección por Delincuente. 2025: Premio Xurado Senior Mellor Curtametraxe Zinegoak por Delincuente. 2025: Mención Especial Mellor Curtametraxe en Muestra Internacional de Cine y Diversidad Cinhomo Valladolid por Delincuente.
Narrativa
2025: Gañadora XVIII Premio Narración Curta de Marín polo relato «Unha vida tranquila» 2025.
Poesía
2022: Finalista Premio Mellor Poemario Gala do Libro Galego por Simún. 2022: Finalista Premio Nacional Poesía Joven Miguel Hernández por Simún. 2026: XX Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas por Desobediensia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Nuria Vil: «Temos que mobilizar a poesía» A Galega. Delincuente: cinepoema de Nuria Vil sobre o Vigo dos 80 Nuria Vilán Prado: a poesía como ferramenta de transformación social Nós Diario. Vigo, a cidade "Delincuente" de Nuria Vil Faro de Vigo: «Quería poñer diante da cámara os corpos que non están» Os poemas de Luísa Villalta mudan en Indóciles Entrevista a Nuria Vil, poeta radical e disidente A miña poesía fala da violencia, da maxia do cotiá, da vinganza, de reconstruír o desexo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1993 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela