Mora (antes Amora) é unha aldea portuguesa no distrito de Évora, rexión Alentexo e subrexión de Centro Alentexo cuns 4.979 habitantes (2012).

A aldea de Mora é a sede do concello ou municipio de Mora con 443,95 km² de superficie e 4 978 habitantes (2011), subdividido en 4 parroquias. O concello está limitado ao norte polo concello de Ponte de Sor, nordeste por Avis, ao leste Sousel, ao sueste por Arraiolos e ao oeste por Coruche.

O concello recibiu foro de D. Manuel I en 1519.

Toponimia A primeira referencia ao topónimo Mora faise nun documento de 1293 chamado Livro III das Composicións, a unha herdade chamada Cabeça de Mora.

Nun documento de 1786, Colecção da legislação antiga e moderna de Portugal a aldea de Mora é denominada Amora nun curso entre a ribeira de Marateca e Porto.

O topónimo Mora/Moura/Mouro etc. é moi común na Península Ibérica asociado aos mouros. En Asturias significa sitios pedregosos, outeiro.

Freguesías esquerda|miniatura|Freguesías do municipio de Mora. O municipio de Mora está dividido en 4 freguesías, ordenadas por extensión de maior a menor:

Pavia Mora Brotas Cabeção

Patrimonio O concello de Mora conta cos seguintes bens clasificados polo IPPAR :

Torre das Águias Anta de Pavia, transformada na capela de San Dinís Igrexa Matriz de Pavia ou Igreja Matriz de São Paulo Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas ou Cromeleque 1 das Fontainhas Santuario e edificacións xunto á Igrexa Matriz de Brotas ou Santuário da Senhora das Brotas Pelourinho de Cabeção

Poboación Número de habitantesInstituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 3 674 4 176 4 710 5 425 6 648 7 160 8 530 9 613 10 271 10 276 7 588 7 056 6 588 5 788 4 978(Nota: Número de habitantes "residentes", é dicir, que tiñan a residencia oficial neste concello no momento en que se realizou o censo. ) Política

Eleccións locais (autárquicas)

Por primeira vez desde 1976, o PS acadou maioría co 48'12% dos votos e 3 representantes, por 2 da Coalición Democrática Unitaria (CDU, formada polo PCP, Os Verdes e ID) co 43'53% e 2 representantes. Desde o 1976 ao 2017 a coalición maioritaria foi a CDU ou partidos integrantes, e oscilou entre o 47'11% e o 67'67%.

Eleccións lexislativas +Data%PCPPSPSDCDSUDPAPU/ CDUADFRSPRDPSNB.E.PANPàFLCHIL197645,9027,959,167,562,461979APU11,67ADAD1,4949,5832,141980FRS0,5149,1133,8511,47198315,8522,445,870,4851,71198511,3820,014,130,8849,859,051987CDU10,4931,052,040,6246,134,84199118,1834,972,9235,990,760,66199532,7522,153,800,6635,91199935,9619,873,8134,040,320,98200234,4624,933,3631,221,13200540,0915,783,4232,473,48200927,6517,554,9235,587,93201123,9622,976,7734,953,470,43201529,59PàFPàF38,524,710,6820,140,15201931,6013,852,9834,665,651,310,571,010,53

Gastronomía dereita|miniatura|300x300px A gastronomía local é tipicamente alentexana, onde destacan varios tipos de pratos de migas, que poden variar entre espárragos, balocas, coandros, ovas, embutidos, coliflor e tomate.Gazeta Rural n.º 262 (15 de janeiro de 2016), páx. 6.

Personalidades

Escritores

Johan Fernandes (trobador galego) Manuel Luís Caeiro Maria Manuela Cravidão Fernando Namora José Vultos Sequeira Carlos Canhoto

Pintores

Manuel Ribeiro de Pavia

Educación

Agrupación de Escolas de Mora

Museos

Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia

Fluviário de Mora O Fluviário de Mora é un acuario público dedicado aos ecosistemas de auga doce, privilexiando o coñecemento e a importancia da súa biodiversidade, e da súa relación coa humanidade. Atópase no Parque Ecolóxico de Gameiro, na parroquia de Cabeção, no concello de Mora.

Deporte

Sport Club Brotense Asociación dos Amigos da Che Morense Pedais do Raia - Club ciclista

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Câmara municipal de Mora

Categoría:Vilas de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Évora