Elias I do Maine, nado no século XI e finado o 11 de xullo de 1110, tamén coñecido como de la Flèche ou de Baugency, foi conde do Maine, sucedendo ao seu curmán Hugo V do Maine.

Traxectoria Era fillo de Xoán de la Flèche e Paula, filla de Herberto I, conde do Maine. En 1092 o seu curmán Hugo V vendeulle o Maine por 10.000 xilins. Co apoio de Fulque IV o Tiburón continuou a guerra con Roberto II de Normandía. Despois de que Roberto II marchase para a Primeira Cruzada, Elías fixo a paz con Guillerme II, o rexente de Roberto en Normandía.

Familia En 1090 Elías casou con Matilde, filla de Xervasio II de Château-du-Loir.Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band III Teilband 4 (Verlag von J. A. Stargardt, Marburg, Germany, 1989), Tafel 692 Tiveron unha filla, Ermengarda, casada con Fulque V de Anjou.

En 1109, segundo Orderico Vitalis, Elías casou de novo con Inés, filla de Guillerme VIII de Aquitania, despois de que o matrimonio desta con Afonso VI de León fose anulado por consanguinidade. Elías morreu ao ano seguinte. Segundo Jaime de Salazar y Acha, quen casou con Elías non foi Inés, senón a última esposa do rei Afonso VI, Beatriz de Poitiers, tras quedar viúva.

Notas

categoría:nados no século XI categoría:finados en 1110 categoría:condes do Maine