Amira é un filme de 2021 coproducido internacionalmente e dirixido polo exipcio Mohamed Diab. Foi producido entre Xordania, Exipto e os Emiratos Árabes Unidos. Está protagonizado por Tara Abboud, xunto con Saba Mubarak e Ali Suliman nos papeis secundarios, e conta a historia de Amira, unha rapaza palestina de 17 anos que foi concibida co esperma de contrabando do seu pai preso, Nawar.
Foi escollido como candidato de Xordania para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais foi retirado da competencia pola Royal Film Commission debido á polémica sobre o tema do mesmo. O filme, que se centra nunha nena palestina que descobre que o seu verdadeiro pai é en realidade un garda de prisións israelí e non o prisioneiro palestino, foi criticada polas organizacións de dereitos dos presos e retirado "por respecto aos sentimentos dos presos e as súas familias".
Personaxes
Tara Abboud como Amira Saba Mubarak como Warda Ali Suliman como Nawar Suhaib Nashwan como Ziad Ziad Bakri como Basel Waleed Zuaiter como Said Sameera Asir como Reema Saleh Bakri como Etai Reem Talhami como avoa Is'haq Elias como Suleiman Kais Nashef como Hani Mohammad Ghassan como Yaser Assaf al Rousan como doutor #3 Nadeem Rimawi como soldado
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Xordania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Xordania Categoría:Filmes de Exipto Categoría:Filmes dos Emiratos Árabes Unidos