Cousin, Cousine é un filme francés de 1975 dirixido por Jean-Charles Tacchella e protagonizado por Marie-Christine Barrault, Victor Lanoux e Marie-France Pisier. Escrito por Tacchella e Danièle Thompson, o filme trata de dous curmáns por matrimonio que se coñecen nunha voda e desenvolven unha estreita amizade. Despois de que os seus cónxuxes resultan infieis, a amizade dos curmáns leva a unha apaixonada relación amorosa. Cousin, Cousine foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 49ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.

Sinopse Dous curmáns distantes vense por primeira vez nunha voda. Cando se fan amigos, todo o mundo comeza a pensar que son amantes. Ao descubriren que os seus respectivos cónxuxes están traizoándoos, deciden confirmar as súas sospeitas.

Personaxes Marie-Christine Barrault como Marthe Victor Lanoux como Ludovic Marie-France Pisier como Karine Guy Marchand como Pascal Ginette Garcin como Biju Sybil Maas como Diane Popeck como Sacy Pierre Plessis como Gobert Catherine Verlor como Nelsa Hubert Gignoux como Thomas Catherine Stermann como Monique

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 49ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Jean-Charles Tacchella Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes de Gaumont Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes sobre infidelidade