Steven Roy Swanson, nado en Syracuse, Nova Jersey, o 3 de decembro de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-119, STS-117 e Soiuz TMA-12M e que formou parte das expedicións 39 e 40 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Swanson graduouse en enxeñaría física pola Universidade de Colorado e é máster en ciencias aplicadas a sistemas de computación pola Universidade Atlántica de Florida.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1998, participando nas misións STS-119, STS-117 e Soiuz TMA-12M e formando parte das expedicións 39 e 40 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 195,87 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-119 STS-117 Soiuz TMA-12M Expedición 39 Expedición 40 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Nova Jersey