Valerie June Carter Cash, nada en Maces Spring (Virxinia) o 23 de xuño de 1929 e finada en Nashville o 15 de maio de 2003, foi unha cantante compositora, actriz, cómica e filántropa estadounidense. Tocaba a guitarra, o banxo e a autoarpa. Carter Cash gañou cinco premios Grammy e foi incluída no Salón da Fama da Música Cristiá en 2009.

Traxectoria June Carter Cash naceu como Valerie June Carter en Maces Spring, Virxinia, filla de Maybelle Carter (de solteira Addington) e Ezra Carter. Os seus pais eran intérpretes de música country e comezou a actuar con Carter Family desde os dez anos en 1939. En marzo de 1943, xunto coa súa nai e as súas irmás Helen e Anita formaron o grupo Mother Maybelle and the Carter Sisters. A pesar de non posuír o talento vocal das súas irmás desenvolveu un don especial para a comedia.

En 1950 integrouse no grupo Opry, formado por diversos artistas que facían xiras. Alí a familia fíxose amiga de Hank Williams, Elvis Presley e Johnny Cash, con quen comezou a establecer unha complicada relación. Coa súa complexión delgada, June con frecuencia optaba polas actuacións cómicas do grupo, ao lado de estrelas como Faron Young e Webb Pierce.

Casou tres veces, primeiro co cantante de honky tonk Carl Smith o 9 de xullo de 1952, de quen se divorciou en 1956. Tiveron unha filla, Rebecca Carlene Smith. O 11 de novembro de 1957 casou co camioneiro Edwin «Rip» Nix, con quen tivo outra filla, Rozanna (Rosie Nix Adams). Divorciáronse en 1966. Ambas as dúas fillas son cantantes.

Naqueles momentos June e a súa familia actuaban frecuentemente con Johnny Cash. En 1968 Cash pediulle matrimonio publicamente durante un concerto e casaron o 1 de marzo en Franklin, Kentucky.Downey, Ryan J. Country Star June Smith First Wife Carl Smith 73. MTV.com. 2003-05-15. A parella tivo un fillo dous anos máis tarde, John Carter Cash, tamén cantante e compositor. A relación entre June e Johnny foise vendo afectada pola caída de Cash na drogadicción e o alcoholismo, dos que logrou recuperarse grazas á axuda de June e da súa familia.

En 1997 participou como actriz no filme The Apostle, de Robert Duvall.

June faleceu o 15 de maio de 2003 en Nashville (Tennessee), polas complicacións que seguiron a unha operación a corazón aberto. O seu marido faleceu tan só catro meses máis tarde e a súa filla Rosie un mes despois que Johnny Cash. Os tres foron enterrados xuntos nos Hendersonville Memory Gardens preto do seu fogar en Hendersonville, Tennessee.

O seu último álbum, Wildwood Flower, lanzouse postumamente en 2003 e gañou dous premios Grammy. Contén extractos da filmación das sesións de gravación que tiñan lugar na propiedade familiar dos Carter en Hiltons, Virxinia.

Discografía Álbums en solitario Appalachian Pride (1975) It's All in the Family (1999) Wildwood Flower (2003) Louisiana Hayride (2003) Keep on the Sunny Side: June Carter Cash - Her Life in Music (2005) Church in the Wildwood: A Treasury of Appalachian Gospel (2005) Ring of Fire: The Best of June Carter Cash (2005) Early June (2006)

Álbums con Johnny Cash Carryin' On with Johnny Cash and June Carter (1967) Johnny Cash and His Woman (1973) Johnny & June (1978) Return to the Promised Land (2000) 16 Biggest Hits: Johnny Cash & June Carter Cash (2006) June Carter and Johnny Cash: Duets (2006)

Legado En 2003, Country Music Television incluíu a Carter na súa lista das "40 mellores mulleres da música country".

June Carter foi interpretada por Reese Witherspoon en Walk the Line, unha película biográfica de 2005 de Johnny Cash (interpretado por Joaquin Phoenix). A película centrouse en gran medida no desenvolvemento da súa relación ao longo de 13 anos, desde o seu primeiro encontro até a aceptación da súa proposta de matrimonio. Witherspoon interpretou todas as voces para o papel, cantando moitas das famosas cancións de June, incluíndo "Juke Box Blues" e "Jackson" con Phoenix. Witherspoon gañou un Óscar, un Globo de Ouro, un BAFTA e un premio do Sindicato de Actores á mellor actriz no papel.

A música e actriz Jewel interpretou a June Carter Cash no telefilme Ring of Fire, que se estreou en maio de 2013. A película está baseada nas memorias de John Carter Cash, Anchored in Love: An Intimate Portrait of June Carter Cash.

June foi interpretada por Erin Beute na película para televisión de 2019 Patsy & Loretta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"A Brief History of My Family and an Autobiographical Sketch of My Musical Life", Carl P. McConnell, 24 de xaneiro de 1976 Ligazóns externas Páxina oficial MoreThings June Carter e Johnny Cash Yahoo! Music A.P. Carter Museum Entrevista de June Carter con Johnny Carson

Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Cantantes de Virxinia Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América‎ Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Virxinia Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América