O curry xaponésDicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (en ; karē) é un dos pratos máis populares do Xapón. Adoita servirse xunto con arroz e tonkatsu ou outros acompañamentos, como , mais tamén existen pratos baseados en curry que non empregan arroz, como karē udon (fideos grosos) ou karē-pan (pan de curry), se ben non son tan populares como o curry con arroz. O mollo de curry en si é menos especiado que o seu equivalente indio. Hai variedades que varían dende un sabor máis suave e doce até outras moi picantes.

Para elaborar o curry xaponés emprégase unha ampla variedade de vexetais e carnes. As verduras básicas son as cebolas, as cenorias e as patacas. Respecto á carne, a de vitela, porco, polo e ás veces pato son as máis populares. O katsu-karē é un tonkatsu (porco apanado fritido troceado) con mollo de curry.

O curry foi introducido no Xapón polos ingleses durante a era Meiji (1869–1913), época na que a India estaba baixo administración británica. O prato fíxose popular e pasou a estar dispoñible en supermercados e restaurantes a finais dos anos 1960. Foi adaptado dende a súa introdución, e o seu consumo é tan xeneralizado que pode considerarse un prato nacional.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Gastronomía do Xapón

Categoría:Gastronomía do Xapón Categoría:Pratos de arroz Categoría:Pratos de carne