O reumatismo ou trastorno reumático é un termo xeral para os problemas médicos que poden danar o corazón, os ósos, as articulacións, os riles, a pel e os pulmóns. O estudo destes problemas chámase reumatoloxía. Outro significado de reumatismo é proceso patolóxico que afecta ó tecido conxuntivo do aparello locomotor, sobre todo ás articulacións, que ten como síntomas máis característicos a dor e a rixidez dalgunha estrutura deste aparello. Tamén se di reuma ou reumatismo articular como termo particular desta acepción.
Tipos Os principais trastornos reumáticos que se coñecen son:
Espondilite anquilosante Dor nas costas Dor de pescozo Bursite / Tendinite, dor no ombreiro, pulso, bíceps, perna, xeonllo (rotuliano), nocello, cadeira e calcaño Capsulite Fibromialxia Osteoartrite Artrite psoriásica e artite reumatoide Febre reumática Enfermidade cardíaca reumática (complicación a longo prazo da febre reumática) Artrite reumatoide Lupus eritematoso sistémico Arterite temporal e polimialxia reumática Tenosinovite
Tratamento A medicina moderna baseada na evidencia demostra que os distintos trastornos reumáticos teñen diferentes causas (e varios deles teñen máis dunha) e precisan de diferentes tipos de tratamento.
Remedios tradicionais Moitos remedios tradicionais a base de plantas foron utilizados para o "reumatismo", e sonnos coñecidos por haber sido recollidos por distintos etnógrafos e médicos.
En Sobradelo celébrase tódolos maios unha romaría popular á que acoden enfermos de reuma á capela do lugar de San Cibrán, respectado como avogoso contra este mal. El mesmo estaba enfermo e con moitas dores tras predicar por distintas zonas do Salnés, polo que acordou ir de peregrino ó Apóstolo Santiago a ver se o curaba ou o aliviaba cando menos. Ó pasar por Sobradelo deitouse a descansar baixo un carballo, e aproveitou o momento para pedir axuda tamén a Virxe María. E esta escoitouno e tranquilizouno cando lle dixo que quedaba todo da súa man; e, efectivamente, as dores desapareceron de socato. O santo, agradecido, decidiu levantar onda o carballo unha capela, cunha figura da Virxe, da Quinta Angustia.
Cando chegou o momento en que o santo morreu, os veciños labraron unha imaxe súa coa madeira do carballo onde descansou, e déronlle o seu nome ó lugar: San Cibrán, un lugar da parroquia de Sobradelo. Co paso do tempo foi adquirindo sona como santo milagreiro, sanador da reuma, e na festa que se fai na súa honra, no mes de maio, os enfermos desta doenza achéganse á capela e o sancristán tócalle cunha réplica de pequeno tamaño da imaxe do santo. E disque curan.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Para a sección Remedios tradicionais: Mancomunidade do Salnés: San Cibrán, avogado da reuma [consultado o 2.01.2025]
Ligazóns externas Colexio Americano de Reumatoloxía EULAR - A Liga Europea contra o Reumatismo Sitio web da BBC "Your Health" sobre artrite e reumatismo Archived Artigo de medicina electrónica sobre reumatismo non articular
Categoría:Doenzas