Kynodontas (en ) é un filme grego de 2009 dirixido por Yorgos Lanthimos. Escrito por Lanthimos e Efthymis Filippou, o filme conta a historia dun pai e dunha nai (Christos Stergioglou e Michelle Valley) que manteñen aos seus fillos (Angeliki Papoulia, Mary Tsoni e Christos Passalis) ignorantes do mundo fóra da súa propiedade ben entrada a idade adulta.

Kynodontas é a segunda langometraxe de Lanthimos. Gañou o Prix Un Certain Regard no Festival de Cannes de 2009, e foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado na categoría.

Sinopse Unha parella, o seu fillo e as súas fillas, xa adultos, viven nunha propiedade valada. Os fillos non coñecen o mundo exterior: os seus pais dinlles que só estarán preparados para saír cando perdan un cairo e que só poden marchar seguros en coche. Os fillos entretéñense con xogos de resistencia. Os pais recompensan o bo comportamento con adhesivos e o malo con violencia.

Personaxes Christos Stergioglou como o pai Michelle Valley como a nai Angeliki Papoulia como a filla máis vella Mary Tsoni como a filla máis nova Christos Passalis como Martin Anna Kalaitzidou como Christina

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 83ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes dirixidos por Yorgos Lanthimos Categoría:Filmes rodados en Grecia Categoría:Filmes ambientados en Grecia Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Grecia