Louise Josephine Kerlin,The Green Book Magazine Volume 9, páxina 523, c. 1913 Consultado o 7 de setembro de 2016 nada en Evansville (Indiana) o 5 de outubro de 1878 e finada en Woodland Hills (California) o 24 de abril de 1965, foi unha actriz estadounidense coñecida como Louise Dresser. Foi especialmente célebre polos moitos filmes en que interpretou a esposa de Will Rogers, incluídos State Fair e David Harum.
Traxectoria Louise Josephine Kerlin naceu en Evansville (Indiana), filla de Ida (de solteira Shaffer) e William S. Kerlin, enxeñeiro de ferrocarril que faleceu cando ela tiña quince anos. Tivo un irmán máis novo, William Lambert Kerlin.
Dresser adoptou o seu apelido profesional de Paul Dresser, que era amigo do seu pai. Cando descubriu que Louise era filla de William Kerlin, lanzouna como a súa irmá máis nova. Moita xente creu que eran familia, e cando Paul finou, Louise foi mencionada no seu obituario como familiar del.
Dresser traballou como bailarina de burlesque e cantante no dime museum de Boston e entón debutou no vaudeville en 1900. Formou un grupo chamado "Louise Dresser and Her Picks", un número de canto acompañada por un coro de nenos afroamericanos. En 1906 comezou a actuar nos teatros de vaudeville de Nova York, e ese ano actuou no musical About Town con Lew Fields, que foi un éxito. O ano seguinte apareceu no éxito Girl Behind the Counter, que tivo 260 representacións.
Despois do vaudeville, o éxito de Dresser continuou en Broadway, onde protagonizou con De Wolf Hopper en Matinee Idol (1910-1912), e apareceu en Broadway to Paris (1912), Potash and Perlmutter (1913) e Hello Broadway! (1914). O seu último espectáculo en Broadway foi Have a Heart (1917).
Dresser debutou no cinema en The Glory of Clementina (1922), e o seu primeiro papel protagonista foi en The City That Never Sleeps (1924). In 1925, protagonizou The Eagle, con Rudolph Valentino e Vilma Bánky como Catarina a Grande, e interpretou a protagonista de The Goose Woman, con Jack Pickford.
Na primeira edición dos Óscar en 1929, Dresser foi candidata ao premio á mellor actriz por A Ship Comes In.
En 1930 interpretou a nai de Al Jolson en Mammy, e a emperatriz Isabel I de Rusia en The Scarlet Empress (1934). O seu último filme foi Maid of Salem (1937). Na televisión apareceu nun episodio centrado en Buster Keaton no programa de Ralph Edwards This Is Your Life.
Tras retirarse en 1937, Dresser traballou como voluntaria no Motion Picture & Television Country House and Hospital. En 1950 intentou volver á interpretación, mais non foi quen de conseguir papeis no cinema, o que culpou aos rumores de que estaba xorda. Dresser faleceu en Woodland Hills (California) tras unha cirurxía de intestino.
Vida persoal Dresser casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi co cantante e compositor Jack Norworth, co que casou en 1898. A parella actuou xunta no vaudeville. Divorciáronse en 1908 e Dresser casou entón con Jack Gardner en 1910, e o matrimonio durou ata a morte del en 1950. Dresser non tivo fillos.
Filmografía
Filmes mudos The Glory of Clementina (1922) - Lena Fontaine Burning Sands (1922) - Kate Bindane Enter Madame (1922) - Mrs. Flora Preston The Fog (1923) - Mrs. Theddon Prodigal Daughters (1923) - Mrs. Forbes Salomy Jane (1923) - Mrs. Pete Ruggles of Red Gap (1923) - Mrs. Effie Floud Woman-Proof (1923) - Wilma Rockwood To the Ladies (1923) - Mrs. Kincaid The Next Corner (1924) - Nina Race What Shall I Do? (1924) - Mrs. McLean The City That Never Sleeps (1924) - Mother O'Day Cheap Kisses (1924) - Jane Dillingham Percy (1925) - Mrs. Rogers Enticement (1925) - Mrs. Samuel Murray The Goose Woman (1925) - Marie de Nardi / Mary Holmes The Eagle (1925) - A tsarina Fifth Avenue (1926) - Claudine Kemp The Blind Goddess (1926) - Mrs. Eileen Clayton Padlocked (1926) - Mrs. Alcott Broken Hearts of Hollywood (1926) - Virginia Perry Gigolo (1926) - Julia Gory Everybody's Acting (1926) - Anastasia Potter The Third Degree (1926) - Alicia Daly White Flannels (1927) - Mrs. Jacob Politz Mr. Wu (1927) - Mrs. Gregory A Ship Comes In (1928) - Mrs. Pleznik The Garden of Eden (1928) - Rosa
Filmes sonoros Mother Knows Best (1928) - Ma Quail The Air Circus (1928) - Mrs. Blake Not Quite Decent (1929) - Mame Jarrow Madonna of Avenue A (1929) - Georgia Morton Mammy (1930) - Mother Fuller The Three Sisters (1930) - Marta This Mad World (1930) - Pauline Parisot, nai de Paul Lightnin' (1930) - Mrs. Mary Jones Caught (1931) - Calamity Jane Stepping Sisters (1932) - Mrs. Cissie Ramsey nee Black State Fair (1933) - Melissa Frake Song of the Eagle (1933) - Emma Hoffman Doctor Bull (1933) - Mrs. Herbert Banning Cradle Song (1933) - Prioress David Harum (1934) - Polly Harum The Scarlet Empress (1934) - Emperatriz Elizabeth Petrovna The World Moves On (1934) - Baronesa von Gerhardt Servants' Entrance (1934) - Mrs. Hansen A Girl of the Limberlost (1934) - Katherine Comstock Hollywood on Parade (1934, curtametraxe) The County Chairman (1935) - Mrs. Rigby Maid of Salem (1937) - Ellen Clarke, tía de Barbara
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Louise Dresser photo gallery NYP Library Louise Dresser en Virtual History Louise Dresser (kinotv)
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Indiana Categoría:Nados en Indiana Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1965