Francisco Regueira, nado na Coruña cara a 1892 e finado en Buenos Aires o 22 de xuño de 1978, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria Emigrou a Arxentina. Participou en moitas iniciativas culturais galegas na Arxentina. En maio de 1929 creou con Manuel Oliveira Viqueira e Antón Zapata García a Institución Cultural Gallega, protectora do Seminario de Estudos Galegos.El Correo de Galicia, 15-12-1929, p. 3. Foi un dos asinantes do "Manifesto nacionalista" o 1 de setembro de 1930, con Ramón Suárez Picallo, Lino Pérez, Eduardo Blanco Amor, Pedro Campos Couceiro e Antón Alonso Ríos. En maio de 1931 incorporouse á comisión de prensa de Galicia.Galicia, 24-5-1931, p. 1. Colaborou e despois foi director de Correo de Galicia. Formou parte da Comisión Organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega en 1956. Recibiu unha homenaxe en Buenos Aires en 1964.Orientación Gallega, 1-1.1964, p. 1-2. Finou en Buenos Aires o 22 de xuño de 1978, vítima dun accidente de tráfico.La Voz de Galicia, 24-6-1978, p, 41.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Galegos da emigración esquecidos. Francisco Regueira: Periodista e militante galeguista Cartas de Ramón Suárez Picallo a Francisco Regueira

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Finados en accidente de tráfico