João Duarte, nado en Lisboa en 1952, é un escultor e deseñador de moedas e medallas portugués.

Traxectoria

João Duarte ingresou en 1973 na Escola Superior de Belas Artes de Lisboa (posteriormente integrada na Universidade de Lisboa). En 1975 interrompeu os seus estudos para cumprir o servizo militar en Cabinda, Angola, onde tamén completou o Curso Geral dos Liceus. Ao seu regreso a Lisboa, en 1976 continuou coa súa formación e en 1978 acadou a súa licenciatura en Artes Plásticas, na especialidade de Escultura.

No curso 1978-1979 comezou a súa actividade docente en diversos niveis educativos, ata que en 1995 accedeu a un posto como profesor agregado na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa, onde ademais creou o Centro de Investigación e de Estudos Volte Face de Medalla Contemporánea.

O 31 de xaneiro de 2012 xubilouse da súa dedicación á universidade e o ano seguinte publicou un libro compilatorio da súa traxectoria, titulado João Duarte 30 Anos de Medalha e Moedas, e editado pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda."Sobre o Autor". Escultorjoaoduarte.comDuarte, J. (2013). João Duarte 30 Anos de Medalha e Moedas / 30 Years Medals and Coins. Imprensa Nacional Casa da Moeda, Lisboa. ISBN 978-9722720380 Así mesmo, en 2018 foi o organizador dunha mostra sobre a súa actividade artística, titulada Escultor João Duarte - o ateliê. 40 anos de carreira, na galería do Movemento Arte Contemporánea, en Lisboa."Escultor João Duarte comemora 40 anos de carreira com exposição e livro ". En Diário de Notícias. 3 de abril de 2018.

Entre outras entidades de carácter asociativo e académico, João Duarte é membro da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM) desde 1990. En 1998 foi elixido membro correspondente e en 2009 membro efectivo da Academia Nacional de Belas Artes de Lisboa, onde a partir de 2012 pasou a ocupar o cargo de secretario xeral.

Recoñecementos

(2001): Medalla ao Mérito Cultural, Cámara Municipal do Seixal. (2011): Premio Sanford Saltus de Medalla, da American Numismatic Society."Recipients of the Saltus Medal Award ". American Numismatic Society.

Obra miniatura|260x260px|Moeda de 200 escudos de 1995 conmemorativa do 50 aniversario das Nacións Unidas. O reverso é obra de João Duarte."200 Escudos United Nations". Numista.com.

Como artista, a súa obra céntrase na escultura, tanto en pequenos formatos como grandes obras con carácter monumental, así como no deseño e o gravado de medallas artísticas e de moedas conmemorativas cuñadas pola Imprensa Nacional Casa da Moeda.

Duarte realizou dezenas de exposicións colectivas de escultura e medallística tanto en Portugal como noutros países, sinaladamente en España, os Estados Unidos, Alemaña, Xapón, Bélxica, os Países Baixos, Hungría, o Reino Unido, Finlandia e Suíza.

Como deseñador de moedas, cómpre salientar as moedas bimetálicas de 100 escudos dedicada á FAO (1995) e de 200 escudos comemorativa dos 50 anos da ONU (1995), así como diversas moedas conmemorativas, algunhas en ouro e en prata, co seu valor facial en euros."Moeda". Escultorjoaoduarte.com

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Portugal Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Numismáticos de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI