"Ani’qu ne’chawu’nani" é un himno e unha canción tradicional dos nativos americanos orixinaria do pobo arapaho que vivía nas chairas dos actuais estados de Colorado e Wyoming (nos Estados Unidos de América).

Descrición Aínda que a meirande parte dos nativos americanos consideran a canción como propia, o himno ten orixe nos pobos iroqueses do nordés. Porén, un investigador asociado coa Canadian Broadcasting Corporation descubriu en 2017 que a canción proviña do centro dos Estados Unidos de América, máis concretamente das tribos arapaho de Colorado e Wyoming.

Letra Orixinal en arapaho Transcrición fonética Tradución Ani’qu ne’chawu’nani’, Ani’qu ne’chawu’nani’;

Awa’wa biqāna’kaye’na, Awa’wa biqāna’kaye’na;

Iyahu’h ni’bithi’ti, Iyahu’h ni’bithi’ti. Ani kuni kaunani, Ani kuni kaunani;

Awawa bikana kaina, Awawa bikana kaina;

Eauni bissini, Eauni bissini. Pai, teña piedade de min, Pai, teña piedade de min;

Estou morrendo de sede, Estou morrendo de sede;

Non hai nada, non hai que comer, Non hai nada, non hai que comer.

Música De acordo co Fourteenth annual report of the Bureau of ethnology to the secretary of the Smithsonian institution (1896), o himno transcríbese na seguinte partitura a partir da versión orixinalen lingua arapaho:

Versións e adaptacións Multitude de artistas fixeron versións da canción ao longo dos anos, entre os que destaca Madeleine Chartrand en 1973.Discogs; Ani-Kuni / Ca tourne en rond Natasha St-Pier tamén a versionou no seu álbum Mon Acadie (2015).

Versión de Polo & Pan En 2021, o grupo musical francés Polo & Pan fixo unha adaptación da canción baixo o nome de "Ani Kuni" no seu segundo álbum de 2021, Cyclorama.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Cancións en lingua arapaho