Bikki Sunazawa (en ; tamén coñecido como Bikky Sunazawa ou Hisao Sunazawa) nado o 6 de marzo de 1931 e finado o 25 de xaneiro de 1989, foi artista, pintor e escultor ainu. Sunazawa é recoñecido por axudar a dar a coñecer a cultura ainu ao mundo a través das súas obras interpretadas ao xeito ainu. Sunazawa tamén é coñecido por deseñar a bandeira dos ainus en 1971. O seu fillo Oki aplica o mesmo enfoque á música.
Traxectoria miniatura|250px|Bandeira dos ainus deseñada por Bikki Sunazawa. Primeiros anos Naceu como Hisao Sunazawa en 1931, sendo os seus pais Koa-kanno e Peramonkoro Sunazawa, que foron figuras destacadas no movemento pola terra e os dereitos civís dos ainus. "Bikki" era un alcume da súa infancia. A súa nai Peramonkoro foi tamén unha das artistas téxtiles xaponesas máis respectadas do século XX. Ao final da súa adolescencia, Sunazawa traballou coa súa familia e outras persoas para estabelecer un novo asentamento. Con 21 anos deixou Hokkaido para ir a Tokyo, onde quedou atrapado no mundo artístico de vangarda do Xapón dos anos 50 e 60. Máis tarde foi recoñecido como un escultor destacado na arte xaponesa de posguerra. Na década de 1970, volveu a Hokkaido e estivo moi implicado no movemento de liberación ainu.
Últimos anos Tendo que disfrazar a súa arte ainu por mor da prohibición imposta polos xaponeses a principios do século XX, Sunazawa dedicou toda a súa vida á defensa da cultura ainu. Foi un dos primeiros iniciadores en estabelecer conexións coas tribos nativas americanas, a través da exposición dalgunhas das súas esculturas na Columbia Británica, onde se instalou durante un tempo. Coa súa fama crecendo, continuou usando a súa arte para difundir a cultura ainu a través de explicacións das súas creacións, entrevistas ou relacións dentro da comunidade artística.
Como sinal de respecto, dous astrónomos afeccionados xaponeses, Kin Endate e Kazuro Watanabe, déronlle o seu nome ao planeta 5372 que eles descubriron o 29 de novembro de 1987.
Pasamento Bikki Sunazawa morreu o 25 de xaneiro de 1989 por mor do cancro de medula ósea no Hospital Sapporo Aiiku. As esculturas de Sunazawa aínda están expostas, e o seu estudio "Sun More" está aberto ao público en Otoineppu, preto do río Teshio na illa de Hokkaido.
Notas
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Pobo ainu Categoría:Pintores do Xapón Categoría:Pintores modernistas Categoría:Finados en 1989