A barbuda foi unha moeda portuguesa batida durante o reinado de Fernando I de Portugal (1367-1383). No anverso mostra a efixie do rei e no reverso un helmo do que recibe o nome a moeda, xa que os helmos desa clase eran coñecidos como "barbudas".

Era unha moeda de billón que ó primeiro equivalía a unha libra de 20 soldos e, despois de 1371, valía 14 soldos; ó final acabou equivalendo só a 2 soldos e 4 diñeiros.

Ademais de en Portugal labrouse tamén en Galicia, na Real Casa da Moeda da Coruña e nas cecas de Tui e Milmanda durante o tempo que o rei portugués ocupou esas vilas na súa pretensión ó trono castelánPita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. [ISBN 84-605-9958-2].

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia da moeda en Galicia Moeda cuñada en Galicia

Categoría:Moedas de Galicia Categoría:Moedas de Portugal Categoría:Historia medieval de Galicia