A gens Acilia foi unha gens plebea romana, cuxos membros aparecen na escena política romana a partir de mediados do século III a. C., para despois atravesar o alto e o baixo Imperio e ocupar postos importantes ata o século V, durante un total de sete séculos. O primeiro membro ilustre da gens foi Caio Acilio Glabrio, que foi cuestor no 203 a. C. e tribuno da plebe no 197 a. C.

Historia

Os tria nomina empregado pola gens Os Acilios usaban frecuentemente o praenomen Manio (Manius en latín). Tamén foron populares Caio (lat. Gaius), Lucio (lat. Lucius), Cesón (lat. Caeso) e Marco (lat. Marcus). As pólas da familia incluían os Acilio Balbo, os Glabrio, os Rufo e os Severo.

Pólas e congomina As tres pólas principais dos Acilios, levaban o cognomen de Aviola, Balbo (Balbus) e Glabrión(Glabrio);Jones & Martindale & Morris (1971), p. 13 polo menos, as dúas últimas, eran de orixe plebea.Smith 1841, p. 13

Os Glabrio foron a primeira familia en aparecer na historia, e foron a que máis se prolongou. Os membros desta familia foron identificados dende o século III a. C. até o século V d. C., un período de tempo que ningunha outra familia romana superou. Segundo Millar, "[o] único caso indubidable de continuidade desde a república até o século IV son os Acilio Glabrio".Millar, p. 341, nota 1. Eran certamente plebeos, xa que moitos deles foron tribunos da plebe.Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. II, p. 270 ("Glabrio"). Durante o século II, foron propietarios dun xardín, o Horti Aciliorum, no outeiro Pincio no século II. Unha tumba dos Acilio Glabrio foi atopada en Roma en 1888. O apelido Glabrio deriva do adxectivo glaber, "liso", e probablemente se refería a alguén que era calvo.Chase, p. 110. Dondin-Payre suxire que, interpretado como "sen pelo" ou "depilado", Glabrio tiña a connotación adicional de "efeminado".Dondin-Payre, Les Acilii Glabriones, p. 34 No ano 1888, atopouse en Roma unha tumba dos Acilio Glabrio. O Mausoleo de Acilio Glabrio está situado en Alife, fóra de Porta Napoli.

Os Acilio Balbo, como os Glabrio, eran plebeos. O apelido Balbo era bastante común en Roma, e orixinalmente dábase a quen tatexaba. Unha moeda desta familia representa a cabeza de Palas dentro dunha coroa de loureiro no anverso, e no reverso, unha cuadriga con Xúpiter e Vitoria.Chase, p. 110Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, p. 455 ("Balbus").

Os Acilio Aviola aparecen ao final da República, ou baixo os primeiros emperadores. Hai certa confusión entre eles e os Glabrio, co cónsul do 33 a.C. identificado como Marco Acilio Glabrio nalgúns escritores e Manio Acilio Aviola noutros. Dada a antigüidade dos Glabrión, parece probable que un deles fose o antepasado dos Aviola, e puido utilizar ámbolos dous apelidos en distintos momentos. En canto ao nome Aviola, parece ser un diminutivo, presumiblemente de avia, "avoa".Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, p. 434 ("Aviola").New College Latin & English Dictionary, s. v. avia.

Membros distinguidos da gens

Acilio Glabrio Caio Acilio Glabrio, cuestor no 203 a. C. e tribuno da plebe no 197 a. C . Caio Acilio, senador e historiador, bo coñecedor da lingua grega, no 155 a. C. actuou como intérprete dos filósofos gregos que visitaban Roma; no 142 a. C. (segundo Livio ) publicou unha historia de Roma en grego.Broughton (1952),vol. I, p. 352 Lucio Acilio, xurista romano, contemporáneo de Catón. Manio Acilio Glabrio, cónsul en 191 a. C., venceu a Antíoco III o Grande de Siria nas Termópilas.Broughton (1952), vol. I, pp. 320, 335, 352.Tito Livio, Ab urbe condita, Libro XXXVI, 14-19 Manio Acilio Glabrio, foi cónsul sufecto no 154 a. C.Broughton (1952), vol. I, pp. 386, 437, 449 Manio Acilio Glabrio, tribuno da plebe no 122 a. C., autor da lex Acilia de Repetundis.Broughton (1952), vol. I, p. 517 Manio Acilio Glabrio, político e xeneral, cónsul no 67 a. C., xunto con Caio Calpurnio Pisón, sogro de Xulio César.Broughton (1952), vol. II, pp. 142, 143, 154. Manio Acilio Glabrio, cónsul sufecto no 33 a. C.Broughton (1952), vol. II, p. 414PIR, vol. I, p. 5 Manio Acilio Glabrio, cónsul en 91, durante o principado de Domiciano, despois condenado a morte, ao parecer, por se converter ao cristianismo.PIR, vol. I, p. 7

Manio Acilio Glabrio, cónsul en 124, semella que era fillo do anterior.PIR, vol. I, p. 7 Manio Acilio Glabrio, cónsul en 186, durante o principado de Cómodo.PIR, vol. I, p. 7. Acilio Glabrio, senador baixo Pertinax no 193. Marco Acilio Glabrio, cónsul en 256.PIR, vol. I, p. 8 Anicio Acilio Glabrio Fausto, cónsul sufecto en 438.Cameron (2012), p. 150 Rufio Acilio Sividio, cónsul non 488.

Acilio Balbo Manio Acilio Balbo, cónsul no 150 a.C.Plinio o Vello, VII. 36Broughton (1952), vol. I, p. 456 Manio Acilio Balbo, cónsul no 114 a. C.Obsequens, 97Plinio o Vello, II. 29, 56. s. 57Broughton (1952), vol. I, pp. 533, 534 (nota 1). Marco Acilio Balbo, pretor no 117 a. C.

Acilio Aviola Manio Acilio Aviola, cónsul en 54, e procónsul en Asia do 65 ao 66.Tacito, Annales, XII. 64PIR, vol. I, p. 6. Manio Acilio Aviola, cónsul sufecto no 82, político romano e senador. Manio Acilio Aviola, cónsul en 122.PIR, vol. I, p. 6 Manio Acilio Aviola, cónsul en 239.

Outros Manio Acilio Canino, oficial de César durante a Guerra Civil, e procónsul de Sicilia durante a Guerra de África. Probablemente, é o Acilio que fora defendido por Cicerón en dúas ocasións.César, De Bello Civili, III. 15, 16, 39Cicerón, Epistulae ad Familiares, VII, 30, 31 e XIII, 30–39.Broughton, vol. II, pp. 280, 285 (nota 8), 296, 308 e 326Broughton (1952), vol. III, p. 1 Manio Acilio Rufo, sufecto cónsul en 102. Lucio Acilio L. f. Rufo, nativo de Thermis Himeraeis, serviu como tribuno da plebe, pretor, e foi cónsul suffecto no ano 107.PIR, vol. I, p. 9 Publio Acilio Atiano, conselleiro de Hadriano.Elio Spartiano, "The Life of Hadrian", 1, 3, 5, 9, 15. Manio Acilio Faustino, cónsul en 210.PIR, vol. I, p. 6 Manio Acilio Aureolo, usurpador do século III. Acilio Severo, cónsul no 323.Jones & Martindale & Morris (1971), vol. 1, p. 834

Inscricións No Compitum Acili, un pequeno altar dedicado aos Lares Compitales atopado en Velia durante as obras para a construción da Via dei Fori Imperiali, atopouse unha inscrición que fai referencia a un membro da familia, que a fixo construír no ano 5 a. C.:[Imp(eratore) Cae]sare Augusti(!) pontif(ice) max{s}(imo) trib(unicia) potest(ate) XVIII [imp(eratore) XIV L(ucio) Cor]nelio Sulla co(n)s(ulibu)s mag(istri) secun(di) vici compiti Acili Licinius M(arciae) Sextiliae l(ibertus) Diogenes / L(ucius) Aelius L(uci) l(ibertus) Hilarus / M(arcus) Tillius M(arci) l(ibertus) Silo

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de Gentes romanas

Categoría:Gens Acilia