Flybmi, estilizado como flybmi, legalmente British Midland Regional Limited e anteriormente comercializada como bmi Regional, foi unha aeroliña rexional británica que operaba servizos regulares de pasaxeiros no Reino Unido e Europa. Asúa sede estaba no aeroporto de East Midlands en North West Leicestershire, e tiña bases en Aberdeen, Bruxelas, Bristol, East Midlands, Newcastle e Múnic.

Flybmi era unha antiga subsidiaria de British Midland International (BMI), que foi mercada a Lufthansa por International Airlines Group (IAG) o 20 de abril de 2012. Regional foi vendida a Sector Aviation Holdings en maio de 2012 e operou como aeroliña independente dende outubro dese ano. En agosto de 2015 a compañía converteuse en parte dun novo grupo de aeroliñas rexionais, Airline Investments Limited (AIL), xunto con Loganair.

Flybmi cesou as súas operacións e operations e entrou en concurso de acredores o 16 de febreiro de 2019.

Notas

Categoría:Aeroliñas do Reino Unido