Scott David Tingle, nado en Attleboro, Massachusetts, o 19 de xullo de 1965, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz MS-07 e foi membro das expedicións 54 e 55 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Tingle graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade do sur de Massachusetts en 1987 e ten un máster na mesma materia con especialidade en mecánica de fluídos e propulsión pola Universidade Purdue en West Lafayette, Indiana, en 1988. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xullo de 2009, participando na misión Soiuz MS-07 e sendo membro das expedicións 54 e 55 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 168,22 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz MS-07 Expedición 54 Expedición 55 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Massachusetts