Pica hudsonia é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica, propia do oeste de América do Norte.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1823 polo naturalista británico Joseph Sabine.Pica hudsonia (Sabine, 1823) no BioLib. Consultado o 15 de febreiro de 2022.Pica hudsonia (Sabine, 1823) no GBIF. Consultado o 15 de febreiro de 2022.
Etimoloxías Para a do xénero ver Pica.
O epíteto específico, hudsonia, fai referencia á baía de Hudson.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente valido, a especie coñeceuse polos sinónimos: ? hudsonia Sabine, 1823 Corvus hudsonia (Sabine, 1823) Pica pica hudsonia (Sabine, 1823)
Nota taxonómica Durante moito tempo considerouse unha subespecie da pega común (Pica pica). Externamente é case idéntica a Pica pica, e é considerada conespecífica por moitas fontes. Pero un amplo estudo que comparou 813 de secuencias de ADN mitocondrial en todo o xénero Pica descubriu que Pica serica se illara reprodutivamente antes que Pica nuttalli), de Norteamérica, aproximadamente hai uns 5 ou 4,5 millóns de anos. A Unión Americana de Ornitólogos, con todo, considéraa como unha especie separada, ao constatar que a súa secuencia de ADN mitocondrial está máis próxima a Pica nuttalli que a Pica pica. Se esta opinión é correcta, a subespecie coreana da pega común, Pica pica sericea, tamén debería considerarse unha especie separada, Pica serica. (Como de feito actualmente o é, ver Pica serica).
Distribución Encóntrase, nos Estados Unidos, desde o sur da costa de Alasca até as Montañas Rochosas no norte de California, o norte de Arizona, o norte de Novo México, o centro de Kansas e Nebraska. No Canadá atópase no extremo occidental de Ontario, Manitoba, Saskatchewan, Alberta, Columbia Británica e Yukón.
Área de disperisón e hábitat A súa área de dispersión esténdese, no norte, desde a costa sur de Alasca, o centro da Columbia Británica e as metades sur de Alberta, a metade sur do Territorio do Yukón, Saskatchewan e Manitoba, e ao oeste, a través das Montañas Rochosas, polo o sur até todos os estados das Montañas Rochosas, incluíndo Novo México, Colorado, Utah, Wyoming, Idaho e algúns estados limítrofes tamén. A área esténdese polo leste até o norte de Minnesota e Iowa, con rexistros casuais no norte de Wisconsin e no alto de Míchigan, pero pénsase que está limitada máis ao leste e ao sur polas altas temperaturas e a humidade.Bock, C. E. & Lepthien, L.W. (1975): "Distribution and abundance of the Black-billed magpie (Pica pica) in North America". Great Basin Naturalist 35: 269–272.Hayworth, A. M. & W. W. Weathers (1984): "Temperature regulation and climatic adaptation in Black-billed and Yellow-billed Magpies". Condor 86 (1): 19–26.
Historia evolutiva Parece ser que despois de que a pega ancestral (Pica pica) se estendese por Eurasia, a poboación coreana quedou illada, momento no que a especie cruzou a ponte terrestre do actual estreito de Bering e colonizou América do Norte, onde se diferenciaron as dúas pegas americanas (Pica hudsonia e Pica nutalli). As evidencias fósiles indican que a pega ancestral norteamericana chegara á súa área de dispersión actual ao redor do Plioceno medio (hai 3-4 millóns de anos) e que a liñaxe de Pica nutalli separouse pouco despois debido ao levantamento de Serra Nevada e ao comezo das Idades do xeo. Unha diferenza xenética comparativamente baixa, con todo, suxire que algún fluxo xenético entre as pegas americanas aínda se produciu durante os períodos interglaciares até o Plistoceno.Miller, Alden H. & Bowman, Robert I. (1956): "A fossil magpie from the Pleistocene of Texas". Condor 58 (2): 164–165.
Características Pica hudsonia é un paxaro de tamaño medio que mide 45-60 cm desde a punta do peteiro até a da cola. A súa aparencia distínguese doutras pegas pola súa densa plumaxe, ás máis curtas e arredondadas, a cola máis longa e as súas plumas azuis iridescentes. A cola está formada por longas plumas dispostas en capas, cuxo par medio sobresae máis lonxe das outras. O peteiro é oblongo e está debilmente curvado cara á punta.Steve Madge & Hilary Burn (1994): Crows and Jays. Londres: A & C Black. ISBN 0-7136-3999-7, p. 129.
Dimorfismo sexual A diferenza doutros membros da familia dos córvidos, Pica hudsonia é fortemente dimórfica. Os machos son de media entre un 6 e un 9 % máis grandes e un 16 e un 24 % máis pesados que as femias, con 167-216 g, unha envergadura de 205-219 mm, e unha lonxitude de cola de 230–320 mm. As femias pesan entre 141 e 179 g, teñen unha envergadura de 175 a 210 mm e unha lonxitude de cola de 232 a 300 mm.Charles H. Trost (1999): "Black-billed magpie (Pica hudsonia)". The Birds of North America Online. Cornell Lab of Ornithology.
Bioloxía Comportamento Do mesmo xeito que os corvos norteamericanos, as pegas tenden a descansar en comunidade no inverno. Todas as noites voan, a miúdo en grupos e ás veces a longas distancias, para chegar a lugares de descanso seguros, como árbores ou arbustos densos que impiden o movemento dos depredadores ou, en latitudes máis altas, coníferas densas que ofrecen unha boa protección contra o vento.Reebs, S. G. (1987): "Roost characteristics and roosting behaviour of Black-billed Magpies, Pica pica, in Edmonton, Alberta". Canadian Field-Naturalist 101: 519–525. No Canadá chegan ao lugar de descanso máis cedo pola noite e saen máis tarde pola mañá nos días máis fríos.Reebs, S. G. (1986): "Influence of temperature and other factors on the daily roosting times of black-billed magpies". Canadian Journal of Zoology 64 (8): 1614–1619. No lugar de descanso tenden a ocupar árbores por separado; non se agrupan. Dormen co pico metido debaixo das plumas escapulares (do ombro) e das costas, adoptando esta posición nas noites máis frías.Reebs, S. G. (1986): "Sleeping behavior of Black-billed Magpies under a wide range of temperatures". Condor 88 (4): 524–526. Durante a noite poden regurxitar, en forma de gránulos, as partes non dixeridas dos alimentos que comeran durante o día. Tales gránulos pódense atopar no chan e usarse para determinar polo menos parte da dieta destas aves.Reebs, S. G. & Boag, D. A. (1987): "Regurgitated pellets and late winter diet of Black-billed Magpies, Pica pica, in central Alberta". Canadian Field-Naturalist 101: 108–110. Un equívoco común sobre este paxaro e as pegas en xeral é que lles gusta roubar cousas brillantes (recordemos, po exemplo, La gazza ladra). Porén, un experimento realizado na Universidade de Exeter parece indicar que era xustamente o contrario, estas aves mostran moito máis coidado ao redor de obxectos rechamantes e brillantes.[https://www.audubon.org/news/do-magpies-stealing-shiny-things "Do Magpies Like Stealing Shiny Things? An experiment put the bird's thieving reputation to the test".
Nutrición miniatura|250px|Comendo os restos dun animal grande Pica hudsonia é un omnívoro oportunista, que come moitos tipos de insectos, preas, sementes, roedores, bagas, noces, ovos e tamén lixo e comida dos animais domésticos que se alimentan fóra da casa. Os pitos son alimentados case exclusivamente con materia animal. As pegas adoitan alimentarse no chan, xeralmente camiñando, ás veces saltando e ás veces rascando cos pés para darlle a volta ao lixo do chan. Ás veces pousan en grandes mamíferos, como os alces ou o gando maior, para apañar as carrachas que acosan a estes animais. Adoitan seguir a grandes depredadores, como os lobos, para buscar ou roubar as súas presas.
Tamén se sabe que fan agochos de alimentos no chan. Para facelo, o paxaro empuxa ou bate o seu pico no chan (ou na neve), formando un pequeno burato no que deposita os alimentos que tiña nunha pequena bolsa debaixo da lingua. Porén, pode mover a comida a outro lugar, especialmente se outras pegas están nas proximidades observando. O roubo de comida é bastante común, polo que unha pega adoita facer varios agochos falsos. O agocho autentico está cuberto de herba, follas ou pólas. Despois disto, o paxaro inclina a cabeza e mira para o agocho, posibelmente para lembrar o sitio. Tales acumulacións son a curto prazo; a comida adoita recuperarse dentro de varios días, ou o paxaro nunca regresa. O paxaro traslada os seus cachotes pola vista e tamén polo olfacto; durante o roubo do agocho, probablemente o cheiro sexa o principal indicio para atopalo.Buitron, D. & Nuechterlein, G. L. (1985): "Experiments on olfactory detection of food caches by black-billed magpies". Condor 87 (1): 92–95.
Reprodución As parellas adultas de Pica hudsonia permanecen xuntas durante todo o ano, e moitas veces de por vida a menos que unha morra; nese caso a pega restante pode atopar outra parella. As separacións das parellas son posíbeis: un estudo en Dakota do Sur atopou taxas baixas de separacións (8 %),Buitron, D. (1988): "Female and male specialization in parental care and its consequences in Black-billed magpies". Condor 90 (1): 29–39. pero un estudo durante 7 anos en Alberta atopou taxas de separación de até o 63 %.Dhindsa, M. S. & Boag, D. A. (1992): "Patterns of nest site, territory and mate switching in Black-billed Magpies". Canadian Journal of Zoology 70 (4): 633–640.
O niño Aniñan individualmente, con frecuencia na copa das árbores. Só defenden a árbore do niño e o seu contorno inmediato, polo que é posíbel que os niños estean algo agrupados no espazo. Cando isto sucede (xeralmente en áreas cun número limitado de árbores ou con abundantes recursos alimenticios), fórmase unha colonia difusa. Nisto, Pica hudsonia ten un comportamento intermedio con respecto a Pica pica, cuxos niños están moito máis dispersos porque defende un gran territorio ao redor de cada niño, e a Pica nutalli, que sempre é vagamente colonial.
Os niños son acumulacións soltas, pero grandes, de pólas, póliñas, barro, herba, raíces, tiras de cascas de árbores, agullas de coníferas e outros materiais, con pólas que constitúen a base e a armazón. A cunca do niño está recuberta de raíces finas, herba e outro material brando. Os niños case sempre inclúen unha capucha ou cúpula de pólas pouco ensambladas, e normalmente teñen unha ou máis entradas laterais. Os niños constrúenos ambos os sexos durante 40-50 días, a partir de febreiro (aínda que máis tarde nas partes do norte da zona). Pódense reparar e utilizar niños antigos ou construír un niño novo, sobre niños máis antigos, que alcanzan así 120 cm de alto por 100 cm de ancho. Outras especies de aves, incluíndo pequenos falcóns e mouchos, adoitan usar vellos niños desta pega.
Época de cría e primeiros tempos do pitos A época de cría de Pica hudsonia é xeralmente desde finais de marzo até principios de xullo. Aniñan unha vez ao ano, pero poden volver a aniñar se o seu primeiro intento falla cedo. A femia pon até trece ovos, pero o tamaño habitual da posta é de seis ou sete. Os ovos son de cor gris verdosa, marcados con manchas marróns, e de 33 mm de longo. Só a femia incuba, durante 16-21 días. O macho alimenta á femia durante toda a incubación. A eclosión adoita ser asíncrona. As crías eclosionadas son coidadas pola femia, pero alimentadas por ambos os sexos. Voan de 3 a 4 semanas despois da eclosión, aliméntanse con adultos durante uns dous meses e despois voan para unirse a outras pegas xuvenís. O éxito na niñada (xeralmente 3-4 crías por niño) é menor que o tamaño da posta; este non é un estado de cousas infrecuente en especies con eclosión asíncrona, xa que algúns pitos morren de fame.
Madurez sexual e lonxevidade Pica hudsonia alcanza a madurez sexual con un ou dous anos de idade. A vida útil da especie na natureza é duns catro a seis anos.
Supervivencia