O nome inglés Saint Helens ou Saint Helen's, frecuentemente abreviado St. Helens, St Helens, St. Helens' ou St Helen's, é o equivalente ao galego Santa Helena, e pode referir a varios lugares diferentes: En Inglaterra (Reino Unido): Saint Helens, máis frecuentemente St Helens, unha cidade do condado de Merseyside; Saint Helen's, comunmente St Helen's, un pequeno illote deshabitado das illas Sorlingas (Cornualla); Saint Helens, ou St Helens, unha poboación e parroquia na illa de Wight; Saint Helen Auckland, tamén chamado St Helens Auckland, un pobo do condado de Durham;
Nos Estados Unidos: O monte Saint Helens, un estratovolcán activo no estado de Washington; Saint Helens, ou St. Helens, unha cidade, capital do condado de Columbia (Oregón); Saint Helens ou tamén St. Helens, unha pequena poboación do condado de Lee (Kentucky)
En Australia: Saint Helens, ou St Helens, a maior poboación da costa nordeste da illa de Tasmania.