A bandeira das Illas Pitcairn é un dos símbolos das Illas Pitcairn e foi adoptada oficialmente o 2 de abril de 1984. O deseño foi suxerido polo Consello das Illas Pitcairn en decembro de 1980 e foi aprobado pola raíña Isabel II en abril de 1984. A bandeira ondeou nas Pitcairn por primeira vez en maio de 1984, durante unha visita do daquela gobernador Richard Stratton (1980—84).

A bandeira das Illas Pitcairn é unha bandeira azul coa bandeira da Unión no cantón e o escudo de armas de Pitcairn.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras dos Territorios Británicos de Ultramar Categoría:Illas Pitcairn Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1984