O Acre é un estado brasileiro situado no suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e o Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Río Branco e as cidades máis populosas son: Río Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.
Un planalto con altitude media de 200 m domina gran parte do Acre. Os seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.
O ambientalista e líder sindicalista Chico Mendes, asasinado en 1988, e a ambientalista e política brasileira Marina Silva son orixinarios deste estado.
Historia miniatura|esquerda|200px|Acre Ata o inicio do século XX o Acre pertencía a Bolivia, pero dende o comezo do século XIX, gran parte da súa poboación estaba formada por brasileiros que exploraban o caucho e que, na práctica, acabaron creando un territorio independente. En 1899, os bolivianos tentaron asegurar o control da área, pero os brasileiros revolvéronse.
O 17 de novembro de 1903 foi asinado o Tratado de Petrópolis, en que o Brasil recibiu a posesión definitiva da rexión a cambio de terras do Mato Groso, do pagamento de 2 millóns de libras esterlinas e do compromiso de construír o ferrocarril Madeira-Mamoré. Así, o Acre foi integrado ao Brasil como territorio.
O 15 de xuño de 1962, foi elevado á categoría de Estado.
Demografía
Economía A economía do estado baséase na extracción de caucho e castaña, na gandería e na agricultura. Co relación ó extrativismo, o grande impulso na vida económica e na colonización deste estado foi dado coa exploración do caucho a fins do século XIX e comezo do XX.
Hai poucas industrias no estado, que está moi lonxe dos principais mercados consumidores.
Véxase tamén
Outros artigos Brasil Estados do Brasil
Ligazóns externas Goberno do Estado do Acre
Categoría:Estado do Acre