O encoro de Doiras é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1934 e ten unha capacidade de 114,6 hm³. Constitúe o segundo encoro construído no Navia, augas arriba do de Arbón e augas abaixo do de Salime e estruturalmente é un encoro de gravidade con 89 metros de altura, localízase na parroquia de Doiras no concello de Boal. A superficie do encoro, de 450 ha esténdese tamén polos concellos de Eilao e Pezós. Aproveitase, fundamentalmente, para enerxía hidroeléctrica ao alimentar as centrais de Doiras e Silvón, cunha produción anual media de 324 GWh.

Os ríos Augüeira e Ourubio flúen ao Navia no encoro de Doiras.

Central hidroeléctrica de Doiras miniatura|Vista xeral da central de Silvón. A central de Doiras atópase nas proximidades da presa do encoro de Doiras. Hai tres grupos xeradores, dous de 21MW e un de 18 MW, que entraron en explotación comercial no ano 1944. Pertencía á empresa Viesgo ata que a mercou Repsol en 2018 e evacua a súa enerxía a través dunha rede de 132 kV.

Central hidroeléctrica de Silvón A central de Silvón atópase tamén nas proximidades do encoro de Doiras. Ten dous grupos xeradores, Silvón I e Silvón II, de 40 MW cada un, que entraron en explotación comercial en 1959 e 1964, respectivamente. Pertenceu á empresa Viesgo ata a súa merca por Repsol en 2018.miniatura|Vista xeral da central de Doiras.|centro Notas

Categoría:Pezós Categoría:Boal Doiras