A Vitas sanctorum patrum emeretensium (en ) é un texto haxiográfico da Alta Idade Media escrito en lingua latina. Narra as vidas de cinco bispos que gobernaron a sé de Mérida na segunda metade do século VI e primeira metade do VII: Paulo, Fidel, Masona, Inocencio e Renovatio.Francis Clark, The Pseudo-Gregorian Dialogues, Brill, 1997, pp. 131-135
Datación A primeira impresión da obra fíxose en Madrid en 1633. Consérvanse media ducia de manuscritos e algúns fragmentos.
Non hai consenso sobre a data de composición. Con todo, parece que a maior parte das vidas foron compostas na primeira metade do século VII. O prefacio e os tres primeiros capítulos puideron engadirse a finais de século. Tamén hai quen atrasa a composición da obra ao século IX.Francis Clark, The Pseudo-Gregorian Dialogues, Brill, 1997, pp. 131-135
Javier Arce pensa que foi escrita durante o episcopado de Estevo (633-638) e finalmente compilada e corrixida durante o episcopado de Festo (672-680). Na súa opinión, o traballo foi escrito por un diácono de Mérida, de quen non se sabe o nome. O diácono Paulo sería o responsábel da recompilación final.
Importancia histórica A Vitas Patrum Emeritensium é unha fonte de importancia capital para o estudo do Reino visigótico de Toledo. Contén moitas indicacións sobre a vida diaria na Hispania dos séculos VI e VII: alimentación, educación, roupa…
É tamén importante para o coñecemento sobre a organización das Igrexas católica e ariana e o camiño que levou á conversión do pobo visigodo ao catolicismo. Así, a vida do bispo Masona narra o exilio deste bispo nos primeiros anos do reinado de Leovixildo a causa das maquinacións tramadas contra el polo bispo ariano Sunna. Finalmente, xa no goberno de Recaredo, Masona será un dos actores fundamentais na conversión do rei.
Notas
Categoría:Crónicas medievais de España Categoría:Literatura en lingua latina Categoría:Historiografía Categoría:Artigos sen imaxes